Danyil Zelinskyi
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (uk) Володимир Олегович Зелінський 28 de setembro de 1972 (52 anos) Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Bispo | |
9 de maio de 2008 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Universidade Católica de América (1996–2001) Ivano-Frankivsk Theological Seminary (en) (1993–1996) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Consagración | Constantine of Irinoupolis (pt) |
Premios | |
Danyil Zelinskyi (en ucraíno: Даниїл Зелінський), nado como Volodymyr Olehovych Zelinskyi (en ucraíno: Володимир Олегович Зелінський) o 28 de setembro de 1972 en Buchach (R.S.S. de Ucraína), é un eclesiástico ortodoxo ucraíno, dende 2008 bispo de Panfilia e dos Estados Unidos occidentais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou os seus estudos no seminario de Ivano-Frankivsk e en 1996 emigrou aos Estados Unidos de América, completando os seus estudos na Universidade Católica de América e na Pontificia Facultade da Inmaculada Concepción en Washington, D.C.
No ano 2000 entrou na Igrexa ortodoxa ucraína nos Estados Unidos de América e completou os seus estudos no seminario ortodoxo ucraíno de Santa Sofía, en Nova Jersey. En 2001 foi ordenado sacerdote, e en 2002 cursou un mestrado en Teoloxía ortodoxa aplicada na Universidade de Balamand. O 9 de xaneiro de 2008 foi elixido bispo de Panfilia e dos Estados Unidos occidentais. Recibiu a consagración episcopal o 10 de maio do mesmo ano.
O 7 de setembro de 2018, no contexto da preparación da concesión de autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína, foi nomeado como exarca do patriarca Bartolomeu I en Kíiv.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Russian Synod calls Constantinople's actions non-canonical and threatens with payback" (en inglés). Religious Information Service of Ukraine. 8 de setembro de 2018. Consultado o 17/10/2018.
[...] announcing the appointment of two hierarchs of this Church, Archbishop Daniel of Pamphilon (USA) and Bishop Hilarion of Edmonton (Canada) as "exarch" of the Constantinople Patriarchate in Kyiv.
- ↑ "Ecumenical Patriarchate sends Legates to Ukraine" (en inglés). Ecumenical Patriarchate Permanent Delegation to the World Council of Churches. 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2018. Consultado o 18/10/2018.
[...] the Ecumenical Patriarchate has appointed as its Exarchs in Kiev His Excellency Archbishop Daniel of Pamphilon from the United States, and His Grace Bishop Ilarion of Edmonton from Canada [...]
- ↑ "Ecumenical Patriarchate appoints exarchs in Kyiv". LB.ua (en inglés). 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ukrainian Orthodox Church of the USA. "His Eminence Archbishop Daniel". uocofusa.org (en inglés). Consultado o 17/10/2018.