Saltar ao contido

Darío Grandinetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDarío Grandinetti

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0334882 Allocine: 19636 Allmovie: p139295 BNE: XX1266154 Editar o valor en Wikidata

Darío Alejandro Grandinetti,[1] nado en Rosario o 5 de marzo de 1959,[2] é un actor arxentino. É recoñecido polos seus numerosos papeis en cinema, teatro e televisión, participando en filmes de directores como Alejandro Doria, Pedro Almodóvar e Damián Szifron.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Rosario, na provincia de Santa Fe. O seu pai traballaba na Junta Nacional de Granos (na rúa Mendoza y Sarmiento). Cando Darío tiña 17 anos mudáronse coa súa familia á pequena vila de Las Rosas, onde viviron só un ano e regresaron a Rosario.[3] En Rosario xogou nos equipos inferiores do club de fútbol Newells Old Boys.[3] Ingresou a traballar na Junta Nacional de Granos como auxiliar, e cafeteiro. Empezou a estudar teatro[3] e por razóns de traballo trasladouse a Buenos Aires.[3] Estudou tamén para perito mercantil.

Carreira como actor

[editar | editar a fonte]

Debutou no teatro en 1976 con Tartufo de Moliére. Logo fixo La cantante calva, Piel de Judas e El pianista sobre el tejado. En 1980 debutou nunha serie de televisión, Donde pueda quererte. Xurdiu como actor televisivo. En 1984 debutou en cinema co filme Darse cuenta. A súa filmografía é predominantemente arxentina ou de coproducións con outros países. O seu primeiro filme de produción estranxeira foi El día que murió el silencio (en 1998), do director italiano nacionalizado boliviano Paolo Agazzi. En 1999 fixo Chiquititas (un programa infantil da Arxentina) da man de Cris Morena. En 2001 recibiu o Premio Konex (Diploma ao Mérito) como un dos cinco mellores actores de cinema dos anos noventa na Arxentina. Traballou en moitos filmes e series televisivas españolas. Traballou baixo a dirección do español Pedro Almodóvar no filme gañador do Óscar ao mellor guion orixinal Hable con ella. Interpretou o papel do xornalista arxentino Marco Zuluaga, amigo de Benigno. En 2012 recibiu o Premio Emmy Internacional como mellor actor pola súa participación no ciclo televisivo Televisión por la inclusión.[4]

  1. "Grandinetti Dario Alejandro". cuitonline.com. Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  2. Ficha de Grandinetti Darío Alejandro no padrón electoral arxentino, publicado na páxina web Buscar Datos. Afirma que naceu o 5 de marzo de 1959
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 «Darío Grandinetti: "Mis amigos siguen siendo los mismos de antes"» Copia arquivada en Wayback Machine, artigo do 29 de setembro de 1996 no xornal Clarín (Buenos Aires). Afirma que viviu un só ano en Las Rosas (provincia de Santa Fe), e que aínda era menor de idade.
  4. «Cristina Banegas y Darío Grandinetti, ganadores en los Emmy» Copia arquivada en Wayback Machine, artigo do 20 de novembro de 2012 no xornal La Nación (Buenos Aires).