Darwinismo social
O darwinismo social é unha teoría social[1] que defende que a teoría da selección natural de Charles Darwin ten aplicacións sociais en comunidades humanas. Está baseado na idea da supervivencia do máis apto[2] concibido como mecanismo de evolución social[3] e a crenza de que o concepto darwiniano da selección natural pode ser empregado para o manexo da sociedade humana, insistindo na competición[4] (étnica, nacional, de clase, etc.) por recursos naturais ou diversos postos sociais.
O darwinismo social está baseado en interpretacións sobre os escritos de Darwin, que foron expostas teoricamente por Herbert Spencer nun inicio, e posteriormente usadas para fins políticos, tendo numerosos partidarios.[5] O darwinismo social gozou dunha grande aceptación en círculos académicos[6] e foi unha grande influencia en países imperialistas a finais do século XIX e na primeira metade do século XX.
O paleontólogo Stephen Jay Gould denunciou duramente as bases do darwinismo social, considerando que os seus argumentos, baseados nunha "falsidade científica", conduciron á matanza de millóns de seres humanos e perpetuaron as inxustizas sociais, baseándose na suposta inferioridade innata dalgúns seres humanos.[7]
Os "darwinistas sociais" percibíronse a si mesmos como actores que aplican as bases biolóxicas darwinianas á sociedade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pilar Mendieta (2010), "Entre la Alianza y la Confrontación", páx 245
- ↑ Rafael Huertas García Alejo (1998), "Clasificar y educar: historia natural y social de la deficiencia", páxina 155
- ↑ A Dictionary of Philosophy.- Pan/Macmillan 1973 (84)
- ↑ Jacob Darwin Hamblin, "Science in the Early Twentieth Century: An Encyclopedia", pág 270
- ↑ Rick Tilman (2001): Diversos evolucionistas comenzaron a explotar las ideas darwinianas para lograr sus propios fines políticos, en Darwin’s Impact: Social Evolution in America, 1880–1920" Arquivado 08 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (conclusión)
- ↑ Blake Truscott, Robert (1998), The Best Review for the PLACE, Program for Licensing Assessments for Colorado Educators, Research & Education Assoc., p. 366
- ↑ Stephen Jay Gould (2009), "La falsa medida del hombre", Drakontos bolsillo