Daurblada
Aparencia
Daurblada ou Daurdabla, "Carballo de dous florecementos", era unha arpa máxica propiedade do deus da mitoloxía irlandesa Dagda, un dos Tuatha Dé Danann, tamén nomeada Coir-cethar-chuir, que significa "Harmonía de catro ángulos", que tiña a capacidade de controlar a orde das estacións cando era tocada e podía interpretar tres tipos de melodías, a saber: Goltraiges (o acorde do chorar), Gentraiges (o acorde do rir) e Suantraiges (o acorde do sono).