David Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1967 (57 anos) Betanzos, España |
Altura | 194 cm |
Peso | 105 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
David Martínez Varela, nado en Betanzos o 31 de xaneiro de 1967, é un exatleta galego, especializado en lanzamento de disco. Foi dez veces campión de España da especialidade, unha vez campión de lanzamento de peso e disputou tres Xogos Olímpicos (Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sydney 2000).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi catro veces campión de España en categorías inferiores,[1] e en 1987 bateu en Madrid o récord de España de lanzamento de disco, cunha marca de 58,88 metros, superando a Sinesio Garrachón, que levaba once anos como plusmarquista.[2] Ese mesmo ano gañou en Granollers o seu primeiro campionato de España.[3] Durante os seguintes anos dominou de xeito absoluto o lanzamento de disco do país, gañando todos os títulos nacionais ata 1992 e sendo o primeiro lanzador español en superar os 60 metros.[2] Ademais en 1991 proclamouse tamén campión de España de lanzamento de peso en pista cuberta.[4]
En 1990 gañou a medalla de ouro no Campionato Iberoamericano de Atletismo en Manaus e ao ano seguinte o bronce nos Xogos Mediterráneos en Atenas,[5][6] En abril de 1992, en California, lanzou o disco a 65,46 metros, superando en máis dun metro a súa anterior marca, e en xullo conseguiu a medalla de prata no Campionato Iberoamericano de Sevilla, superado só polo cubano Juan Martínez Brito.[5] Con estes antecedentes acudiu aos Xogos Olímpicos de 1992, onde non puido superar os 60,16 metros na final, quedando na novena posición, a cinco metros do campión, o lituano Romas Ubartas.[7]
Volveu proclamarse campión de España en 1994, 1995 e 1996 e participou nos Xogos Olímpicos de 1996, onde non conseguiu meterse na final, ao facer tres lanzamentos nulos. Ao ano seguinte bateu por décima vez o récord de España, deixándoo en 65,52 metros, marca que se mantivo imbatida ata que a conseguiu superar Mario Pestano en 2001.[2] No ano 2000 gañou o seu décimo título nacional de lanzamento de disco e participou nos Xogos Olímpicos de Sydney, onde acabou de 19º cunha mellor marca de 61,50 metros.[8] No 2001 gañou unha medalla de prata nos Xogos Mediterráneos celebrados en Radès.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Martínez" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Progrsión dos récords de España de lanzamentos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Campionatos de España de Atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España en pista cuberta" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Resultados Campionatos Iberoamericanos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Resultados dos Xogos Mediterráneos de 1991" (PDF). cijm.org.gr (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Lanzamento de disco nos Xogos Olímpicos de 1992". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Lanzameanto de disco nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Resultados dos Xogos Mediterráneos de 2001" (PDF) (en francés). Arquivado dende Games.Finals.PDF o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) (PDF) o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do atleta no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do atletaen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal (en inglés).
- Datos do atleta no sitio web oficial da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés).