David Neuhaus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1962 (62 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Hebrea de Xerusalén |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, profesor universitario, sacerdote católico |
Empregador | Bethlehem University (en) |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
David Mark Neuhaus (en hebreo: דוד נויהאוז), nado o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo, é un xesuíta israelí e vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea do patriarcado latino de Xerusalén entre 2009 e 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de xudeus alemáns, naceu o 25 de abril de 1962 en Xohanesburgo (Suráfrica). Aos 15 anos trasladouse a Israel. Educado no xudaísmo, con 26 anos se converteu ao catolicismo. Estudou Ciencias políticas na Universidade Hebrea de Xerusalén.
En 1992 ingresou na Compañía de Xesús, facendo os votos perpetuos o 20 de agosto de 1994. Cursou estudos de Filosofía e Teoloxía no Centro Sèvres de París e no Pontificio Instituto Bíblico de Roma, e o 8 de setembro de 2000 foi ordenado sacerdote polo patriarca Mixail Saba.
O 15 de marzo de 2009 foi nomeado por Fuad Tual vigairo patriarcal para os católicos de lingua hebrea, cargo que exerceu até 2017.
Obra
[editar | editar a fonte]- Justice and the Intifada: Palestinians and Israelis Speak Out [A xustiza e a intifada: palestinos e israelís falan] (en inglés). Xunto con Kathy Bergen e Ghassan Rubeiz. Friendship Press. 1991. ISBN 9780377002371.
- Kritische Solidarität: einige Überlegungen zur Rolle privilegierter Christinnen und Christen im Kampf der Enteigneten [Solidariedade crítica: algunhas reflexións sobre o papel dos cristiáns privilexiados na loita dos desposuídos] (en alemán). Kulturverein Aphorisma. 1995. ISBN 9783865751041.
- اليهودية نشأت بيننا: مدخل إلى اليهودية موجه إلى المسيحيين العرب [O xudaísmo xurdiu entre nós: unha introdución ao xudaísmo para cristiáns árabes] (en árabe). Dar al-Maxriq. 2019. ISBN 9782721455819.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pierbattista Pizzaballa |
Vigairo patriarcal de Santiago para os católicos de lingua hebrea 2009 - 2017 |
Sucesor: Rafic Nahra |
- Nados en 1962
- Nados en Xohanesburgo
- Relixiosos católicos de Suráfrica
- Xesuítas
- Sacerdotes católicos de Suráfrica
- Sacerdotes católicos de Israel
- Sacerdotes da Igrexa católica latina
- Sacerdotes católicos do século XXI
- Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén
- Alumnos do Centro Sèvres
- Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico