David Oliveira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
David Higinio Oliveira Barreiro, nado en Vilagarcía de Arousa, é un político galego de Ciudadanos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural de Vilaxoán. Estudou dirección e administración de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como bateeiro[1]. Fillo do político local Juan José Oliveira Lapido, militou dende novo en Independientes por Vilagarcía[2] e logo entrou a formar parte de Ciudadanos, sendo o presidente da xestora que reactivou o partido na localidade en 2018. Nas eleccións municipais de 2019 o seu partido elixiuno para encabezar a candidatura ao concello de Vilagarcía de Arousa[3] e entrou na corporación municipal como único concelleiro da súa formación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Oliveira Barreiro: "A Ciudadanos se vino mucha gente del PSOE, somos el centro que ningún partido cubría"". Faro de Vigo. 28 de abril de 2018.
- ↑ "David Oliveira: “Non ocuparemos ningún asento retribuído nin cambiaremos pactos por salarios”". Diario de Arousa. 18 de maio de 2019.
- ↑ "Ciudadanos registra su lista para las municipales de Vilagarcía con David Oliveira a la cabeza". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-04-19. Consultado o 2022-11-16.