David Pérez Pallas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1987 Vigo |
País de nacionalidade | Española |
Actividade | |
Ocupación | Árbitro de fútbol |
David Pérez Pallas, nado en Vigo o 24 de agosto de 1987, é un exárbitro de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa relación co fútbol comezou ao xogar no CD Valladares xa de neno, pero abandonou a práctica competitiva na mocidade, para prepararse como árbitro. Afiliado ao colexio galego,[1] despois de tres tempadas en Terceira División, no ano 2010 ascendeu a Segunda División B e só dous anos máis tarde, en 2012, ascendeu a Segunda División, categoría na que arbitrou durante sete campañas. Debutou na categoría nun Guadalajara - Girona e dirixiu un total de 144 encontros en Segunda.
En 2019 pasou a traballar como árbitro VAR en Segunda,[2] labor que realizou ata que en maio de 2023 foi cesado xunto a outros cinco colexiados pola Federación Española de Fútbol e polo Comité Técnico de Árbitros.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estudou Telecomunicacións na Universidade de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pérez Pallas:David Pérez Pallas - Árbitro". www.bdfutbol.com. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ "Pérez Pallas incorpórase ao VAR de 2ª División". Real Federación Galega de Fútbol. 13 de agosto de 2019. Consultado o 5 de outubro de 2023.
- ↑ "Los seis árbitros VAR cesados denuncian represalias de la RFEF por pedir derechos laborales" (en castelán). 31 de maio de 2023. Consultado o 5 de outubro de 2023.