Saltar ao contido

David Timor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Timor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Carcaixent, España Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo22 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2010   Valencia CF Mestalla 49(4)
2010–2011   Osasuna Promesas 30(7)
2011–2014   CA Osasuna 41(1)
2013–2014 cesión   Girona FC 36(7)
2014–2016   Real Valladolid 53(5)
2016–   Club Deportivo Leganés

David Timor Copoví, nado en Carcaixent o 17 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Eldense, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Valencia e militou dúas campañas no Mestalla, na Segunda División B.[1] No verán de 2010 asinou por Osasuna, pasando a gran maioría do seu primeiro ano co equipo B, tamén en Segunda B. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 23 de abril de 2011, xogando os últimos dez minutos dunha derrota por 2-0 ante o futuro campión, o FC Barcelona. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 30 de setembro de 2012, ante o Levante.[2]

Tras unha campaña cedido no Girona,[3] pasou ao Real Valladolid, no que militou durante un ano e medio. En xaneiro de 2016 fichou polo Leganés, co que conseguiu o ascenso á Primeira División.[4]

Entre 2017 e 2018 xogou no Girona, pasando logo pola UD Las Palmas, o Getafe, o Huesca e o Eldense.[5]

  1. "En Madrid colocan a David Timor en la agenda" (en castelán). 30 de maio de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  2. "Los zurdos salvan a Osasuna". El País (en castelán). 30 de setembro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  3. "El Girona ata a Timor y 'Chando'" [Girona tie Timor and 'Chando']. Sport (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  4. "Timor, un adiós indeseado sin homenaje en el Leganés-Girona". Diario AS (en castelán). 19 de setembro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  5. "Timor, nuevo jugador de Las Palmas". Marca (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2024.