Saltar ao contido

David de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid de la Iglesia Rey

Dela co Celta C-Gran Peña (2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
A Coruña
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoMediocampista
Membro do equipo deportivoCelta Fortuna


David de la Iglesia Rey, nado na Coruña o 15 de xaneiro de 2003, e coñecido polo pseudónimo Dela -pola preposición e o artigo do seu apelido-, é un xogador de fútbol que exerce como mediocampista. Xoga no Celta Fortuna, o equipo filial do Real Club Celta de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dela comezou a súa traxectoria na categoría de alevín do Deportivo de la Coruña[1]. Posteriormente recalou no CD Calasanz coruñés. Finalmente, en 2019 aterrou nas categorías inferiores do Celta, concretamente no Xuvenil B. Finalizada a súa etapa xuvenil, na tempada 2022/23 militou no Celta C-Gran Peña en Terceira Federación, que daquela funcionaba coma segundo filial do Celta. Na tempada 2023/24 xa comezou a formar parte do segundo filial, o Celta Fortuna, adestrado daquela por Claudio Giráldez. O 24 de febreiro de 2024 anotou o seu primeiro gol co Celta Fortuna ao anotar o cuarto tanto na vitoria por 4 goles a 0 fronte ao Sestao no estadio municipal de Barreiro.[2]

Actualizado no último partido disputado o 15 de decembro de 2024 .

Club País Ano Partidos Goles
Celta de Vigo B Galicia Galicia 2023-act. 37 3
  1. "Dela, el fruto de sumar trabajo a una calidad que venía de serie". La Voz de Galicia. Consultado o 30 de decembro de 2024. 
  2. "Celta Fortuna vs Sestao. Resumo e goles.". rccelta.es. Consultado o 30 de decembro de 2024.