De Delftse Pauw
De Delftse Pauw ("O Pavo Real de Delft") | |
---|---|
Fachada principal de De Delftse Pauw | |
Edificio | |
Tipo | Establecemento industrial, comercial e expositivo |
Enderezo | Delftweg 113, 2289 BD Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°01′26″N 4°20′52″L / 52.02389, 4.34778 |
Uso(s) | Fabricación, exposición e venda de louza de Delft |
[ editar datos en Wikidata ] |
De Delftse Pauw (en galego: "O pavo real de Delft") ou, na súa forma completa, Delft Pottery de Delftse Pauw, é unha fábrica de louza establecida no século XVII ao norte da cidade surholandesa de Delft, nos países Baixos.
Historia
[editar | editar a fonte]A fábrica fundouse no ano 1650 e localízase na zona de Delftweg no límite co concello de Rijswijk, ao pé da canle De Vliet. É un dos dous establecementos (xunto con Royal Delft) de fabricacioón de pezas cerámicas que continúa coa tradición da olaría de Delft, totalmente pintada á man, dos 32 que existían no século XVII.[1]
O Delftse Pauw, atrae anualmente preto de 13.500 visitantes.[2]
Ademais da fabricación, o edificio alberga unha sala con exposición dos produtos fabricados, obradoiros de pintura sobre cerámica e unha pequena tenda onde se poden adquirir.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". En Delft Pottery De Delftse Pauw (en inglés)
- ↑ Delft Marketing/Kerncijfers 2006. Gemeente Delft (en neerlandés)
- ↑ "Kunstaardewerkfabriek De Delftse Pauw BV". En Delftmusea (en neerlandés)
- ↑ "Workshops bij Delftse Pottery de Delftse Pauw". En High Tea Vriendinnen (en neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: De Delftse Pauw |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial de De Delftse Pauw Arquivado 25 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- De Delftse Pauw. Delft Blue Pottery (en inglés)