Dead Space
Dead Space | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Visceral Games |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Deseñador(es) | Glen Schofield |
Compositor(es) | Jason Graves |
Lanzamento | 13 de outubro de 2008 |
Xénero | disparos en terceira persoa, terror psicolóxico e videoxogo de ciencia ficción |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Xbox 360, PlayStation 3 e Microsoft Windows |
Na rede | |
http://www.deadspacegame.com/ e https://www.ea.com/en-au/games/dead-space/dead-space | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dead Space é un videoxogo en terceira persoa pertencente ao xénero dos survival horror. Foi programado por EA Redwood Shores e distribuído por Electronic Arts para Xbox 360, PS3 e PC Windows en outubro de 2008.
Argumento
[editar | editar a fonte]Dead Space narra unha historia de terror acontecida nunha nave espacial, denominada USG Ishimura. A nave interrompeu as comunicacións coa Terra e parece que perdeu a capacidade motriz. Un grupo de técnicos de mantemento foi enviado nun pequeno vehículo para reparar tanto as comunicacións coma os motores. O equipo componse dun enxeñeiro experimentado, Isaac Clarke; unha informática experta, Kendra Daniels; dous escoltas armados e o xefe do equipo, Zach Hammond. A bordo da nave descobren que esta atópase en alerta por perigo biolóxico. A maioría das comportas están pechadas e os circuítos de aire, selados. Os tripulantes da Ishimura desapareceron, pero unha serie de monstros agreden á expedición protagonista. Á medida que avanzan, descobren que aparentemente, un virus accedeu dende unha colonia á nave. O virus infectou aos tripulantes e converteunos en monstros, denominados necromorphs.
Recepción e crítica
[editar | editar a fonte]Dead Space considerouse un dos mellores survival horror da sétima xeración de videoconsolas, acadando notas elevadas en distintos medios especializados. A versión de PC acadou un 86 [1], a de PS3, un 88 [2] e a de Xbox 360 un 89 [3].
Vendas
[editar | editar a fonte]As vendas foron máis discretas que outros xogos do mesmo xénero, coma Resident Evil 5. A versión de PS3 vendeu 1 millón de exemplares [4], mentres que a de Xbox 360 non superou tal cifra, quedándose nos 970.000 [5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=13107
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=23325