Deep Blue Sea
Deep Blue Sea | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Deep Blue Sea |
Director | Renny Harlin |
Produtor | Bruce Berman Akiva Goldsman |
Guión | Duncan Kennedy Donna Powers Wayne Powers |
Intérpretes | Saffron Burrows Thomas Jane Jacqueline McKenzie Stellan Skarsgård Samuel L. Jackson LL Cool J Michael Rapaport |
Música | Trevor Rabin |
Fotografía | Stephen Windon |
Montaxe | Conrad Buff IV James Cameron Richard A. Harris |
Distribuidora | Warner Bros |
Estrea | 28 de xullo de 1999 30 de abril de 2008 (TVG) |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000 |
Na rede | |
http://deepbluesea.warnerbros.com/cmp/frameset.html | |
Deep Blue Sea é un filme estadounidense dirixido por Renny Harlin que se estreou en 1999. Estreouse en galego na TVG o 30 de abril de 2008.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nunha plataforma no medio do mar están investigando con tres quenllas coa intención de descubrir unha cura do alzheimer. Suponse que as quenllas teñen no cerebro un complexo proteínico capaz de rexenerar as neuronas.
A historia comeza cando un home chamado Russell Franklin financia a investigación que estaba a perigar, e se dirixe á plataforma chamada "Acuática" para observala. Dentro da plataforma traballa, entre outros, a científica Susan McAllester, que fixo secretamente agrandar o tamaño dos cerebros das quenllas para que a cantidade do seu complexo proteínico rexenerador sexa maior, mais tamén se volven máis intelixentes ao ter máis masa gris.
Nunha noite de treboada intensa capturan un dos bechos e trasládano a un laboratorio. Alí extraeranlle dita proteína mentres está durmido, mais esperta inesperadamente e arríncalle un brazo a un dos científicos. Chaman un helicóptero para evacuar ao ferido, mais o resultado será catastrófico. O helicóptero lanza un cable que se engancha á padiola onde está o ferido, mais cando o estaba subindo o mecanismo de ascensión avaríase, caendo a padiola co ferido sen brazo na auga, onde se acha unha quenlla que morde o cebo este, facéndolle perder totalmente o control ao helicóptero, que se espeta contra a plataforma estourando todo como se de pólvora se tratara.
As outras persoas baixaran a un andar inferior, onde hai un cristal que unha quenlla, coa padiola e o anterior ferido aínda vivo entre os dentes, rebentará a golpes. Así pois, terán que correr para non ser comestos polos escuálidos nin morrer afogados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Thomas Jane como Carter Blake
- Saffron Burrows como Dr. Susan McAlester
- Samuel L. Jackson como Russell Franklin
- Jacqueline McKenzie como Janice Higgins
- Michael Rapaport como Tom Scoggins
- Stellan Skarsgård como Jim Whitlock
- LL Cool J como Sherman "Preacher" Dudley
- Aida Turturro como Brenda Kerns
Comentarios
[editar | editar a fonte]O filme conta cos efectos visuais especiais e de animación da compañía Industrial Light & Magic, entre outras. Ademais, contou cun equipo de cámaras Panavisión, converténdose nunha superprodución.
No filme móstranse varias barbaridades acientíficas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Deep Blue Sea na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deep Blue Sea na IMDb (en inglés).
- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Australia
- Filmes dirixidos por Renny Harlin
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Village Roadshow Pictures
- Filmes rodados en México
- Filmes sobre tiburóns
- Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América
- Filmes de terror con animais
- Filmes de 1999 con versión en galego