Delfín Modesto Brandón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Delfim Modesto Brandão 1835 Tourém (Reino de Portugal) |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Delfín Modesto Brandón (na grafía portuguesa Delfim Modesto Brandão), nado en Tourém (Montalegre) en 1835, foi o penúltimo Xuíz ou Alcalde (Xefe de Estado) do Couto Mixto, de acordo coas súas memorias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mudouse ó Couto Mixto e asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868[1].
Entre 1881 e 1885 serviu na administración postal española en Aguadilla, Porto Rico[2].
En 1904 completou un libro de memorias onde conta as últimas décadas do Couto Mixto ata a súa extinción. Estas memorias foron publicadas en castelán no 1907 como Interesante Historieta del Coto Mixto[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Delfin Modesto Brandón (1907). Tierra Gallega, ed. Interesante Historieta del Coto Mixto (en castelán). A Coruña. p. 21.
- ↑ "Expte. p. de D. Delfín Modesto Brandon". ArchivesPortalEurope (en castelán). Consultado o 6-5-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Delfín Modesto Brandón |