Delftse Hout, Delft
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino dos Países Baixos | |||
País | Países Baixos | |||
Provincias | Holanda Meridional | |||
Concello | Delft | |||
O Delftse Hout (en galego: “Bosque de Delft") é un pequeno distrito do noroeste da vila de Delft, na Holanda Meridional, composto principalmente por unha lagoa, superficie boscosa e diversos espazos verdes, ademais dunha área residencial de arredor de 100 habitantes. A área natural é unha das precursoras da rede ecolóxica provincial dos Países Baixos.[1]
A lagoa creouse nos anos 60 a partir da extracción de area para a construción de novas áreas residenciais nas proximidades. Arredor dela hai unha zona de lecer, unha granxa didáctica para nenos e un recinto para animais, ademais dunha praia e unha área de acampada.
Esta zona limita polo oeste coa autoestrada A13 (que vai da Haia a Rotterdam) entre as saídas 8 e 9, e polo leste coa veciña localidade de Dobbeplas, que pertence ao concello de Pijnacker-Nootdorp.
O 22 de novembro de 2006 tivo lugar un referendo acerca dun plan municipal para a ampliación da zona de acampada, que levaría aparellada a redución da área pública de recreo e a corta de 112 árbores protexidas, que serían substituídas por outras novas en cantidade semellante. O resultado do referendo foi o rexeitamento do plan.
Praia nudista
[editar | editar a fonte]A partir de 2013, o concello abriu unha praia para a práctica do nudismo, aínda que diversas sentenzas xudiciais impediron que esta consideración teña rango oficial. No entanto, a Federación Naturista dos Países Baixos segue a considerala como praia nudista.[2]
Accesibilidade
[editar | editar a fonte]Durante todo o ano, mesmo en horario nocturno, a liña 81 da compañía Veolia leva ata Delftse Hout, na parada do cruzamento de Korftlaan coa autoestrada A13.
Ademais, o autobús 60 da mesma compañía ten unha parada na confluencia entre Tweemolentjeskade e Miereveltkade.
No verán, tamén está dispoñible a liña 80 de Veolia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Delftse Hout no sitio web oficial do Concello de Delft. (En neerlandés)
- ↑ Información sobre Delftse Hout Arquivado 12 de xullo de 2017 en Wayback Machine. na web da Federación Naturista dos Países Baixos. (En neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial de Delftse Hout (en neerlandés, inglés, francés e alemán)
- Sitio web oficial do Concello de Delft (en neerlandés e en inglés)
- Nudist beach Delftse Hout (en inglés, francés e alemán)