Demetrio Gómez Xunqueira
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1967 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
Educación | IES Sánchez Cantón Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | docente , político ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Demetrio Gómez Xunqueira, nado en Pontevedra o 5 de xullo de 1967, é un profesor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
Exerceu de profesor de secundaria en varios centros, como o instituto de Ponte Caldelas e o IES Torrente Ballester.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Demetrio_G%C3%B3mez_Xunqueira%2C_Miguel_Anxo_Fern%C3%A1ndez_Lores%2C_Fina_Casalderrey%2C_David_Cortizo_e_Mar%C3%ADa_Lado.jpg/300px-Demetrio_G%C3%B3mez_Xunqueira%2C_Miguel_Anxo_Fern%C3%A1ndez_Lores%2C_Fina_Casalderrey%2C_David_Cortizo_e_Mar%C3%ADa_Lado.jpg)
Foi concelleiro polo BNG en Pontevedra de 2001 a 2003, de 2005 a 2007 e de 2009 en adiante. En 2024 era o coordinador[1] e responsable da Área de dinamización social e cultural: Actividades culturais e sociais, Festas, Xestións das instalacións municipais socio culturais, Normalización lingüística e cultural, Memoria Histórica, Educación nos seus diferentes niveis e Xuventude.[2] Antes fora Concelleiro de Mobilidade impulsando o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Pontevedra.[3]
En 2017 foi nomeado responsable comarcal do BNG[4] e en 2021 volveu encabezar o Consello Local do BNG con Sabela Bará.[5] Forma parte do Consello Nacional do BNG.[6]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- "Noites abertas", en Los jóvenes y la cultura del ocio: diversas perspectivas y experiencias en el ámbito local: I congreso sobre ocio juvenil, Elche, 3, 4 y 5 de mayo de 2001 (2002). ISBN 84-7784-885-8. Páxs. 321-344.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gómez Xunqueira, Demetrio". Ciudades Creativas Kreanta (en castelán). Consultado o 2024-04-18.
- ↑ "Grupo Municipal do BNG". Concello de Pontevedra. Consultado o 2024-04-18.
- ↑ "La mejora de la movilidad en Pontevedra requerirá 82 millones de euros hasta el 2035". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-28. Consultado o 2024-04-18.
- ↑ Pontevedra (2017-04-08). "Demetrio Gómez, nuevo responsable comarcal del BNG". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-04-18.
- ↑ "Demetrio Gómez e Sabela Bará encabezan o novo Consello Local do BNG de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2021-12-24. Consultado o 2024-04-18.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista (2016-08-04). "Consello Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Consultado o 2024-04-18.
- ↑ "Noites abertas". dialnet.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Demetrio Gómez Xunqueira ![]() |