Demografía de Serbia
Os datos de Demografía de Serbia son moi variables debido aos últimos acontecementos ocorridos na antiga Iugoslavia, que dan un importante censo de poboación flotante formada, sobre todo, por refuxiados doutras ex repúblicas que se desprazaron cara Serbia e non constan en ningún censo. Durante a Guerra de Kosovo produciuse unha avalancha de refuxiados serbios que abandonaron territorio kosovar e se instalaron en Serbia.[1] Estes refuxiados (se estima que 200.000, aínda que o goberno serbio cre que son moitos máis)[2] non figuran en ningún censo, xa que o último censo oficial foi realizado en 2002, e no mesmo non se incluíron datos de Kosovo. O próximo será realizado en 2010.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo os datos deste último censo, a poboación de Serbia era o seguinte (2002):
- Serbia Central: 5 466 009 habitantes.
- Voivodina: 2 031 992 habitantes.
- República de Serbia (sen Kosovo): 7 498 001 habitantes
Segundo os datos de The World Factbook, publicado pola CIA en 2009, os datos relativos a Serbia e Kosovo son os seguintes (estimacións de 2009):[3]
- República de Serbia (sen Kosovo): 7 379 339 habitantes
- Kosovo: 1 804 838 habitantes
- Serbia + Kosovo: 9 184 177 habitantes
Segundo estimacións, hai preto de dous millóns de serbios noutras antigas repúblicas iugoslavas (1,7 millóns deles en Bosnia e Hercegovina).[4]
Cidades máis habitadas
[editar | editar a fonte]Segundo os datos do censo de 2002, as cidades máis habitadas de Serbia e Kosovo[5] son as seguintes:
- Belgrado: 1 576 124 h.
- Pristina: 550.000 h (capital da autoproclamada República de Kosovo)
- Novi Sad: 299.294 h.
- Niš: 250.518 h.
- Kragujevac: 175.802 h.
- Leskovac: 156.252 h.
- Subotica: 148.401 h.
- Pančevo: 127.162 h.
Grupos étnicos
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2002 (no que non se inclúen datos de Kosovo), as principais etnias que habitaban el territorio de Serbia eran as seguintes en número de individuos:
Etnia | Persoas |
---|---|
Serbios | 6 212 838 |
Húngaros | 293.299 |
Bosníacos | 136.087 |
Xitanos | 108.193 |
Iugoslavos | 80.721 |
Croatas | 70.602 |
Montenegrinos | 69.049 |
Relixión
[editar | editar a fonte]A relixión maioritaria e oficial do país (sen incluír Kosovo) é a ortodoxa serbia, seguida por un 85% dos seus habitantes. O 5,5% son católicos, o 1,1% protestantes, o 3,2% musulmáns, e o 5,2% ateos, de relixión descoñecida e outras.[3] En Kosovo, aproximadamente o 90% da poboación son musulmáns.[3]
Idioma
[editar | editar a fonte]A lingua oficial do país é o serbio, que é falado polo 88,3% da poboación. Un 3,8% fala húngaro e o 1,8% romaní. En Voivodina son cooficiais o romanés, húngaro, eslovaco, ucraíno e croata[3] Estes datos non inclúen a Kosovo, onde son cooficiais o serbio e o albanés, que é falado por un 90% da poboación.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O ACNUR recibe con beneplácito o envío de tropas da OTAN a Kosovo e se prepara ante unha posible chegada de refuxiados a Serbia". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2005. Consultado o 22 de novembro de 2009.
- ↑ "Kosovo. O xefe da Minuk denuncia que os serbios boicotearon as lexislativas por presións". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2008. Consultado o 22 de novembro de 2009.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 The World Factbook. Serbia. Population Arquivado 24 de decembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Bosnia and Herzegovina. Population Arquivado 15 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Os datos de Priština son estimacións de MINUK
-
1867
-
1868
-
1880
-
1918
-
2002
-
2002