Saltar ao contido

Den afrikanske Farm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Den afrikanske Farm
Título orixinalOut of Africa
Autor/aIsak Dinesen (pseudónimo de Karen Blixen)
OrixeDinamarca
LinguaLingua danesa
Xénero(s)Biografía
EditorialG. P. Putnam's Sons e Gyldendal
Data de pub.1937
Páxinas445
ISBNISBN
editar datos en Wikidata ]

Den afrikanske Farm é unha novela resultante de relatos persoais da escritora dinamarquesa Karen Blixen, publicado en 1937[1][2]. Blixen, escribiuno, baixo o pseudónimo de Isak Dinesen, primeiro en inglés e logo traduciuno ao dinamarqués.

Nesta obra de non ficción, a escritora conta como foron os anos vividos en Kenya[3], convivindo cos nativos e outros amigos colonos que acabou coñecendo neste período [4]. Blixen viviu 17 anos nunha plantación de café (de 1914 a 1931), retornando a Dinamarca despois por problemas financeiros e pola perda do seu compañeiro, Denys Finch-Hatton [5].

Neste libro, alén de o lector entrar en contacto co universo social que rodeaba a rutina da facenda en Kenya, é posible coñecer o universo da propia escritora[6]. As súas impresións sobre os nativos e os incidentes que acontecían en viaxes e safaris son relatados calorosamente por Blixen[7][8][9].

En 1985 fíxose unha película, Memorias de África, dirixida por Sydney Pollack e con actores tipo Meryl Streep e Robert Redford[10].