Saltar ao contido

Dendrobates azureus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dendrobates azureus
Estado de conservación
Non avaliado[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Dendrobatidae
Xénero: Dendrobates
Especie: Dendrobates azureus
Sipaliwini (vermello), en Suriname.
Sipaliwini (vermello), en Suriname.

Sipaliwini (vermello), en Suriname.

A ra frecha azul (Dendrobates azureus) é unha variante morfolóxica da especie Dendrobates tinctorius, unha especie de ra da familia Dendrobatidae. Vive no sur de Suriname, na sabana de Sipaliwini e tamén pode verse ó longo das fronteiras do país veciño, o Brasil, a altitudes de entre os 300 e os 400 metros sobre o nivel do mar. Tamén é coñecida polo seu nome en lingua tiriyó, okopipi. O seu nome científico provén da súa característica cor azul. Malia que foi considerada unha especie válida no pasado, estudos recentes considérana unha variedade de Dendrobates tinctorius.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Philippe Gaucher; Ross MacCulloch (2010). "Dendrobates tinctorius". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2010: e.T55204A11265402. doi:10.2305/IUCN.UK.2010-2.RLTS.T55204A11265402.en. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  2. Wollenberg, Katharina C.; Veith, Michael; Noonan, Brice P.; Lötters, Stefan (2006). Quattro, J. M, ed. "Polymorphism Versus Species Richness—systematics of Large Dendrobates from the Eastern Guiana Shield (Amphibia: Dendrobatidae)". Copeia 6 (4): 623. doi:10.1643/0045-8511(2006)6[623:PVSROL]2.0.CO;2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]