Dendrobranquiados
Dendrobranquiados Dendrobranchiata Rango fósil: Devoniano tardío - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Penaeus monodon | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||
Sinonimia [1] | |||||||||||||
|
A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.
Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)[2] e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.
Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.
Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvarias de protozoea, zoea e poslarva.[3]
De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Superfamilia Penaeoidea Rafinesque-Schmaltz, 1815
- Familia Aciculopodidae † Feldmann & Schweitzer, 2010 Unha única especie do Devoniano:
- Xénero Aciculopoda
- Familia Aegeridae † Burkenroad, 1963 con 2 xéneros do Mesozoico:
- Familia Aristeidae Wood-Mason, 1891 con 26 especies viventes en 9 xéneros, e un xénero fósil [6]
- Familia Benthesicymidae Wood-Mason, 1891 con 41 especies en 4 xéneros [6]
- Familia Carpopenaeidae † Garassino, 1994 con 2 especies do cretáceo no
- Xénero Carpopenaeus [7]
- Familia Penaeidae Rafinesque-Schmaltz, 1815 con 216 especies viventes en 26 xéneros, e varios xéneros extintos, os máis deles do Mesozoico [8]
- Familia Sicyoniidae Ortmann, 1898 con 43 especies no
- Familia Solenoceridae Wood-Mason, 1891 con 81 especies en 9 xéneros [10]
Superfamilia Sergestoidea Dana, 1852
- Familia Luciferidae De Haan, 1849 con 7 especies do
- Familia Sergestidae Dana, 1852 con 90 especies vivas en 6 xéneros, e dous xéneros monotípicos extintos.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martin & Davis, 2001
- ↑ Do grego βράγχια, brágchia, plural de βράγχιον brágchion, "branquia", a través do latín científico branchia, e δένδρον déndron, "árbore".)
- ↑ Farzana Yousuf (2006): "Diagnostic characters of the suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", da tese "Systematic Study and Distribution of Planktonic Shrimps of the Family Sergestidate in the Indian Ocean Collected by the International Indian Ocean Expedition", PDF Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Higher Education Commission of Pakistan. (en inglés) Consultada o 2/01/2013.
- ↑ Rodney Feldmann & Carrie Schweitzer (2010). "The oldest shrimp (Devonian: Famennian) and remarkable preservation of soft tissue". Journal of Crustacean Biology 30 (4): 629–635. doi:10.1651/09-3268.1.
- ↑ 5,0 5,1 Tavares & Martin, 2010, p. 151
- ↑ 6,0 6,1 Tavares & Martin, 2010, p. 152
- ↑ Tavares & Martin, 2010, pp. 152–153
- ↑ Tavares & Martin, 2010, p. 153
- ↑ Tavares & Martin, 2010, p. 154
- ↑ 10,0 10,1 Tavares & Martin, 2010, p. 155
- ↑ Tavares & Martin, 2010, p. 156
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dendrobranquiados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendrobranquiados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dendrobranchiata en NCBI. (en inglés)
- Michael Türkay (2011). "Dendrobranchiata". World Register of Marine Species.
- J. K. Lowry. "Dendrobranchiata (Decapoda, Eucarida, Malacostraca)". crustacea.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 02 de xaneiro de 2013.