Departamento Administrativo Nacional de Estatística
Departamento Administrativo Nacional de Estatística | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Acrónimo | DANE |
Tipo | instituto de estatística, información e base de datos |
Data de fundación | 15 de outubro de 1953 |
Director/a | Juan Daniel Oviedo |
Organización subsidiaria | Geographic Institute Agustín Codazzi |
Sede | Bogotá |
País | Colombia |
4°38′50″N 74°05′45″O / 4.647099, -74.095722 | |
Na rede | |
http://www.dane.gov.co/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Departamento Administrativo Nacional de Estatística (DANE) (en castelán: Departamento Administrativo Nacional de Estadística) é a entidade responsable da produción de estatísticas oficiais en Colombia,[1] así como da coordinación do Sistema Estatístico Nacional. O DANE achega máis de 100 operacións estatísticas en aspectos industriais, económicos, agropecuarios, demográficos e de calidade da vida.[2]
Dende 2022, a súa directora é Beatriz Piedad Urdinola Contreras.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]
O DANE creouse en outubro de 1951, mediante o Decreto 2240, cando se separa a Oficina Nacional de Estatística da Contraloría Xeral da República. En 1953, baixo o goberno do Xeneral Gustavo Rojas Pinilla, con amparo no Decreto 2666, créase o Departamento Administrativo Nacional de Estatística – DANE; posteriormente foi reorganizado en 1968 (Decreto 3167), sendo presidente do país Carlos Lleras Restrepo; en decembro de 1992, durante o goberno de César Gaviria Trujillo, levouse a cabo unha reestruturación con base no Decreto 2118.
Mediante Decreto Non.1174 do 29 de xuño de 1999, baixo o goberno de Andrés Pastrana, adscríbese ao DANE o Instituto Xeográfico Agustín Codazzi. Co Decreto 1151 do 19 de xuño de 2000, adoptouse unha nova estrutura orgánica e posteriormente realizáronse axustes e modificacións á planta de persoal, a cal foi adoptada mediante o Decreto 1187 do 28 de xuño de 2000, no goberno de Andrés Pastrana Arango. Co Decreto 263 do 28 de xaneiro de 2004 modifícase a planta de persoal do Departamento Administrativo Nacional de Estatística e dítanse outras disposicións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Congreso de Colombia (11 de decembro de 2013). "Ley 1687 de 2014" (PDF). Diario Oficial (en castelán) (Bogotá) (49,001): 5. ISSN 0122-2112. OCLC 500057889. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Urdinola, Piedad (6 de outubro de 2023). "Capacidades estadísticas territoriales para una Colombia mejor". La Patria (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2023.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento Administrativo Nacional de Estatística |