Departamentos de Bolivia
En Bolivia, os departamentos son as maiores entidades subnacionais nas que se subdivide o territorio do Estado. Desde o 4 de abril de 2010, contan con autonomía recoñecida pola constitución a nivel executivo e lexislativo pero non xudicial.
Coa nova constitución, o 4 de abril de 2010 foron substituídas as prefecturas de todos os departamentos bolivianos polos gobernos departamentais, entidades gobernamentais segundo o texto constitucional. Os gobernos departamentais son encabezados por gobernadores electos mediante o voto popular.
Precedentes
[editar | editar a fonte]O sistema de comunidades autónomas é froito dunha intensa negociación na época da Crise política, entre os partidos que querían o centralismo, e os que buscaban un Estado federal ou descentralizado.
A Constitución Boliviana de 2009 introduciu como novidade o estado rexional, a semellanza do de España. Retoma ese proceso para evitar o federalismo, pero introducindo dúas vías de conseguir a autonomía establecendo tres categorías de autonomías. Establece a organización territorial do Estado en municipios, provincias e departamentos autónomos, con competencias para xestionar os seus propios intereses.
Organización dos Departamentos Autónomos
[editar | editar a fonte]Cada departamento ten unha Asemblea e un Goberno autonómico que organizan os asuntos departamentais.
A Asemblea departamental
[editar | editar a fonte]A Asemblea está formada polos representantes que foron elixidos polos cidadáns. Esta Asemblea elabora as leis autonómicas, que se aplican no territorio do departamento. A lei máis importante dun departamento é o Estatuto de Autonomía. Nel defínense as competencias autonómicas, así como establecerse a capital, a lingua ou linguas oficiais, o territorio ou os símbolos.
O gobernador
[editar | editar a fonte]- Nomeamento. Unha vez celebradas as eleccións e constituída a cámara, o Gobernador da Asemblea propón o candidato do partido con maior representación. Este candidato sométese a votación, que debe ser apoiado por maioría absoluta na primeira votación e se non a tivera, na segunda por maioría simple.
Se non obtivese o apoio repetiríase a votación con distintas candidaturas, até que se pasados dous meses desde a primeira votación ningún dos candidatos obtivera o apoio, disolveríase a cámara, e convocaríanse eleccións de novo.
- Funcións Dirección do Consello de Goberno e suprema representación do departamento, representante do Estado no departamento. Promulga e ordena a publicación das Leis e do nomeamento do Poder Xudicial no departamento.
Os secretarios
[editar | editar a fonte]Son as persoas responsables dos distintos asuntos do departamento autónomo. Son elixidos polo Gobernador.
Lista de departamentos de Bolivia
[editar | editar a fonte]Departamento | Provincias | Capital | Superficie (km²) | Poboación (hab) | Densidade (hab/km²) | |
---|---|---|---|---|---|---|
Beni | 8 | Trinidad | 213.564 | 430.049 | 2,0 | |
Chuquisaca | 10 | Sucre | 51.524 | 631.062 | 12,2 | |
Cochabamba | 16 | Cochabamba | 55.631 | 1 786 040 | 32,1 | |
La Paz | 20 | Nuestra Señora de La Paz | 133.985 | 2 756 989 | 20,6 | |
Oruro | 16 | Oruro | 53.588 | 444.093 | 8,3 | |
Pando | 5 | Cobija | 63.827 | 75.335 | 1,2 | |
Potosí | 16 | Potosí | 118.218 | 780.392 | 6,6 | |
Santa Cruz | 15 | Santa Cruz de la Sierra | 370.621 | 2 626 697 | 7,1 | |
Tarija | 6 | Tarija | 37.623 | 496.988 | 13,2 | |
Bolivia | 112 | Sucre (Constitucional) A Paz (De facto) | 1 098 581 | 10 027 644 | 9,1 | |
Fonte: Proyecciones Demográficas 2008, INE.[1] |