Saltar ao contido

Depresión endogámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de depresión endogámica

Chámase depresión endogámica á perda de adaptacións (vigor, viabilidade, fecundidade, etc.) producida pola perdida de variación xenética debido á homocigosidade, que impide a supervivencia da especie.[1]

Expresión dos alelos recesivos

[editar | editar a fonte]

Segundo Barret e Kohn, permite a expresión de alelos recesivos prexudiciais procedentes de ambos os proxenitores, xa que adoita producirse polo cruzamento xenético entre parentes próximos.[2]

Nos seres humanos

[editar | editar a fonte]

Os efectos biolóxicos da depresión endogámica nos seres humanos están escurecidos polas influencias socioeconómicas e culturais no comportamento reprodutivo.[3] Os estudos en poboacións humanas demostraron que a idade ao casar, a duración do matrimonio, o analfabetismo, o uso de anticonceptivos e a compensación reprodutiva son os principais determinantes da aparente fertilidade, incluso en poboacións cunha alta proporción de unións consanguíneas.[4] Porén, observáronse varios efectos pequenos sobre o aumento da mortalidade,[5] intervalos entre partos máis largos,[5] e unha produtividade xeral reducida en poboacións illadas.[3]

Os temores de Darwin

[editar | editar a fonte]

Charles Darwin foi un dos primeiros científicos en demostrar os efectos da depresión endogámica mediante a realización de numerosos experimentos con plantas. A esposa de Darwin, Emma, era a súa prima en primeiro grao, e el estaba preocupado polo impacto da endogamia no seus dez fillos, tres dos cales falecieron a idades inferiores aos dez anos, e outros tres non puideron enxendrar fillos.[6][7][8]

  1. Crow, J. F. & Kimura, M. (2009): An introduction to population genetics theory. Caldwell, New Jersey, USA: Blackburn Press. ISBN 978-1-9328-4612-6.
  2. Charlesworth D. & Willis, J. H. (2009): "The genetics of inbreeding depression". Nat. Rev. Genet. 10: 783-796.
  3. 3,0 3,1 Alexandre Robert, Bruno Toupance, Marc Tremblay & Evelyne Heyer (2009): "Impact of inbreeding on fertility in a pre-industrial population". European Journal of Human Genetics 17: 673–681.
  4. A. H. Bittles; J. C. Grant; S. G. Sullivan & R. Hussain (2002). "Does inbreeding lead to decreased human fertility?". Annals of Human Biology 29: 111–130.  (Resume)
  5. 5,0 5,1 Ober, C; Hyslop, T; Hauck, WW (Xaneiro de 1999). "Inbreeding effects on fertility in humans: evidence for reproductive compensation". Am. J. Hum. Genet. 64: 225–31. PMC 1377721. PMID 9915962. doi:10.1086/302198. 
  6. Berra, Tim M.; Alvarez, Gonzalo; Ceballos, Francisco C.; et al. (2010). "Was the Darwin/Wedgwood Dynasty Adversely Affected by Consanguinity?". BioScience 60: 376–383. doi:10.1525/bio.2010.60.5.7. 
  7. "Inbreeding May Have Caused Darwin Family Ills, Study Suggests". Science Daily. 
  8. Clark, R. W. (1984): The Survival of Charles Darwin. Londres: Random House. ISBN 978-0-3945-2134-3, pp. 76-78.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]