Depresión tropical dez (2005)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Tropical_Depression_10_%282005%29.png/280px-Tropical_Depression_10_%282005%29.png)
A depresión tropical dez foi o décimo ciclón tropical que se desenvolveu durante a tempada de furacáns no Atlántico de 2005, a cal bateu o récord de actividade até aquel intre. Formouse o 13 de agosto ó desenvolverse unha onda tropical que, o 8 de agosto, emerxeu da costa oeste de África. Como consecuencia da forta cizalla do vento, a depresión mantívose feble e non conseguiu reforzarse máis aló do status de depresión tropical. O ciclón disipouse o 14 de agosto, aínda que os seus restos contribuíron parcialmente á formación da depresión tropical doce, que finalmente se intensificou converténdose no devastador furacán Katrina que acadou a categoría 5. O ciclón non ocasionou directamente ningún efecto, ningunha vítima mortal nin dano pero, como xa quedou dito, máis tarde transformaríase no furacán Katrina e por iso se pode considerar que matou indirectamente 1 833 persoas e custou indirectamente 108 000 millóns de dólares ós Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beven, Jack L. (17 de xaneiro de 2006). "Tropical Cyclone Report: Tropical Depression Ten" (PDF). National Hurricane Center (en inglés). Miami, Florida: National Oceanic and Atmospheric Administration.
- Avila, Lixion A. (13 de agosto de 2005). "Tropical Depression Ten Discussion Number 1". National Hurricane Center (en inglés). Miami, Florida: National Oceanic and Atmospheric Administration.
- Knabb, Richard D.; Rhome, Jamie R.; Brown, Daniel P. (20 de decembro de 2005). Tropical Cyclone Report: Hurricane Katrina (PDF). National Hurricane Center (Informe) (Miami, Florida: National Oceanic and Atmospheric Administration).