Saltar ao contido

Derek William Lomax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDerek William Lomax
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor en Wikidata
Birmingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor universitario, historiador, hispanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Liverpool
Universidade de Birmingham Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1003365 Dialnet: 27449

Derek William Lomax, nado en Birmingham en 1933, e finado o 12 de marzo de 1992, foi un escritor e hispanista británico, especializado na literatura medieval española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou historia moderna en Oxford, e despois de conseguir o título decidiu especializarse en historia de España. Escribiu a súa tese sobre A orde de Santiago, 1170-1275,[1][2] obra de referencia sobre a historia de devandita orde. Publicou varios libros sobre os costumes e usos da Idade Media na Península e sobre a reconquista española[3] nos que sostén que non existiu como tal, senón que é algo inventado polos cristiáns españois tras a conquista omeia de Hispania.[4]

No eido docente salientou como profesor da Universidade de Liverpool, dende 1959 até 1972. En Birmingham traballou durante case dúas décadas, transformando o seu centro de estudos nun dos máis influentes en canto ao estudo da literatura española. Ao morrer atopábase preparando un estudo sobre a historia do cristianismo en España.

Escolma de obras:[5]

  • La Reconquista Barcelona: Crítica, 1984.[6] ISBN 84-7423-233-3
  • Crónica de las tres órdenes de Santiago, Calatrava y Alcántara Francisco de Rades y Andrada, Derek W. Lomax Barcelona: El Albir, 1980. ISBN 84-7370-043-0
  • Siervos liberados: los movimientos campesinos medievales y el levantamiento inglés de 1381 R. H. Hilton, Derek W. Lomax Madrid: Siglo Veintiuno de España, 1978. ISBN 84-323-0310-0
Homenaxes

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. Lomax, Derek W. (1965). La Orden de Santiago, 1170-1275. Consello Superior de Investigacións Científicas, Escola de Estudos Medievais. 
  2. O'Callaghan, Joseph F. (1969). "Review of La orden de Santiago (1170-1275)". Speculum 44 (1): 154–156. doi:10.2307/2855066. 
  3. Powers, James F. (1979). "Review of The Reconquest of Spain". The International History Review 1 (4): 589–591. 
  4. "¿Existió la Reconquista de España como proceso histórico?". ABC. 6 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  5. "Derek W. Lomax" (en castelán). Dialnet. Consultado o 5 de febreiro de 2012. 
  6. Lomax, Derek W. (1984). La reconquista. Editorial Crítica. ISBN 84-7423-233-3. OCLC 20302722. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  7. xunta.gal (ed.). "Medallas de Galicia de 1992". Consultado o 12 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]