Derodóntidos
Derodóntidos Rango fósil: Xurásico medio-Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Laricobius erichsoni de Bélxica | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
4, ver texto |
Os derodóntidos (Derodontidae) son unha familia de escaravellos clasificada na súa propia superfamilia monotípica, Derodontoidea. Os escaravellos desta familia son pequenos, de entre 2 e 6 mm de lonxitude, tipicamente con marxes espiñosas nos pronotos (parte do tórax) que lles dan o seu nome científico, aínda que o xénero Laricobius carece desas espiñas. Unha caracterísitca rara entre os escaravellos é que teñen dous ocelos na parte superior da cabeza.
Están relacionados cos Bostrichoidea.
Algunhas especies aliméntanse de mofos mucilaxinosos, pero as larvas e os adultos do xénero Laricobius son predadores de hemípteros adélxidos que atacan as coníferas e especies deste xénero utilízanse como axentes de control biolóxico en países como Estados Unidos para o control de adélxidos.
Hai 42 especies distribuídas en 4 xéneros e 3 subfamilias. A familia comprende os seguintes grupos:[1]
- Subfamilia Derodontinae
- Xénero Derodontus (11 especies)
- Subfamilia Laricobiinae
- Xénero Laricobius (23 especies)
- Xénero Nothoderodontus (6 especies)
- Subfamiliay Peltasticinae
- Xénero Peltastica (2 especies)
O xénero fósil Juropeltastica data do Xurásico medio (hai ~ 163 millóns de anos) e atopouse na formación Haifanggou da China.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hava, J. 2006. A world catalogue of the family Derodontidae (Coleoptera). Arquivado 2014-07-21 en Wayback Machine. Pol Pismo Entomol 75 29-38
- ↑ Cai, Chenyang; Lawrence, John F.; Slipinski, Adam; Huang, Diying (2014-05-05). "First fossil tooth-necked fungus beetle (Coleoptera: Derodontidae): Juropeltastica sinica gen. n. sp. n. from the Middle Jurassic of China". European Journal of Entomology 111 (2): 299–302. doi:10.14411/eje.2014.034.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derodóntidos |
- Derodontidae Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. from the Tree of Life