Xurásico
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Eixe vertical: millóns de anos.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199,6 millóns e 145,5 millóns de anos atrás, aproximadamente.[1] O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era.
Nome
Debe o seu nome á cadea montañosa do Xura, nos Alpes, lugar onde o xeólogo prusiano Alexander von Humboldt identificou este sistema en 1795. Referíndose a eses mesmos terreos do Xura, o termo Xurásico foi acuñado por primeira vez en 1829 polo naturalista francés Alexandre Brongniart na súa obra Tableau des terrains qui composent l'écorce du globe ou essai sur la structure de la partie connue de la terre.[2]
Divisións e subdivisións
O Xurásico divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente. A Comisión Internacional de Estratigrafía[1] á parte destas tres épocas/series xeolóxicas, tamén recoñece outras once subdivisións do Xurásico, como se pode observar na táboa adxacente.
Características do Xurásico
Xeololoxía
Este período caracterízase pola hexemonía dos grandes dinosauros e pola escisión de Panxea nos continentes Laurasia e Gondwana. Deste último separouse Australia (no Xurásico superior e principios de Cretáceo), do mesmo xeito que Laurasia se dividiu en Norteamérica e Eurasia.
Fauna e flora
Durante o Xurásico, xorden os mamíferos marsupiais e multituberculados, as primeiras aves e as plantas con flores.
< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "International Commission on Stratigraphy: International Chronostratigraphic Chart v2015/01" (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Alexandre Brongniart, Tableau des terrains qui composent l'écorce du globe ou essai sur la structure de la partie connue de la terre, Strasbourg, 1829, Documento dispoñible en Gallica
Véxase tamén
Outros artigos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xurásico |
Na ficción audiovisual
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |