Era xeolóxica
Unha era xeolóxica é unha subdivisión do tempo xeolóxico que divide os eóns na escala de tempo xeolóxico. Estas eras adoitan dividirse en períodos. A entidade responsábel da definición e clasificación das eras xeolóxicas é a The International Commission on Stratigraphy (ICS) (Comisión Internacional sobre Estratigrafía) que, á súa vez, é o maior corpo científico dentro da International Union of Geological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas).[1]
O eón Fanerozoico subdivídese en tres eras: o paleozoico, o mesozoico e o cenozoico, que representen as principais etapas no rexistro fósil macroscópico. Estas eras están separades por extincións masivas; a extinción pérmica no límite paleozoico-mesozoico e a extinción K-T, entre o mesozoico e o cenozoico. Hai probas de que impactos de mneteoritos catastróficos tiveron un papel importante á hora de marcar as diferenzas entre as eras.
Antigamente os eóns Hadeano, Arqueano e Proterozoico estaban agrupados na era precámbrica. Esta era cubría os catro mil millóns de anos da historia da Terra anteriores á aparición de animais de cuberta dura. Recentemente, estes eóns foron subdivididos en eras.
Era | Período |
---|---|
Cenozoico | desde hai 66 millóns de anos (Ma) - até a actualidade |
Mesozoico | dasde hai 252 Ma – até hai 66 Ma |
Paleozoico | desde hai 542 Ma – até hai 252 Ma |
Neoproterozoico | desde hai 1.000 Ma – até hai 542 Ma |
Mesoproterozoico | desde hai 1.600 Ma – até hai 1.000 Ma |
Paleoproterozoico | desde hai 2.500 Ma – até hai 1.600 Ma |
Neoarqueano | desde hai 2.800 Ma – até hai 2.500 Ma |
Mesoarqueano | desde hai 3.200 Ma – até hai 2.800 Ma |
Paleoarqueano | desde hai 3.600 Ma – até hai 3.200 Ma |
Eoarqueano | desde hai 3.800 Ma (non oficial) – até hai 3.600 Ma |
Hadeano eón oficialmente non dividido en eras |
desde a formación da Terra - até hai 3.800 Ma |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The International Commission on Stratigraphy" (en inglés). 2010. Consultado o 4/12/2012..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |