Saltar ao contido

Derrick Ashong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDerrick Ashong
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Accra, Ghana Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

Páxina webamp.it… Editar o valor en Wikidata

Derrick N. Ashong, tamén coñecido como "DNA", nado en 1975 na cidade de Accra, é un músico, actor, artista e activista ghanés.

Fillo dun pediatra, Ashong acudiu a escolas de Arabia Saudita, Qatar e Nova Jersey antes de ingresar na Universidade de Harvard en 1997, onde estudou Estudos Afroamericanos. Posteriormente, volveu a Harvard e fixo un doutoramento en etnomusicoloxía e estudos afroamericanos. Tamén foi membro fundador da Harvard Black Alumni Society.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A carreira musical de Ashong comezou mentres estaba en Harvard. Produciu un musical titulado Songs We Can't Sing, polo que acadou varios premios e despois formou unha banda de música chamada "Black Rose". A banda despois pasou a ser coñecida como "Soulfège". Ashong ten traballado con artistas recoñecidos como Debbie Allen, Janet Jackson e Bobby McFerrin.

En 1997 Ashong participou no filme Amistad producido por Steven Spielberg, no que interpretou o papel de Buakei.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]