Desaparecida
Desaparecida | |
---|---|
Formato | Drama |
Intérpretes | Beatriz Ayuso Carlos Hipólito Luisa Martín Francesc Tormos Bárbara Meier Miguel Ángel Solá |
País de orixe | ![]() |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Miguel Ángel Bernardeau Ramón Campos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Televisión Española |
Primeiro episodio | 3 de outubro de 2007 |
Derradeiro episodio | 30 de xaneiro de 2008 |
Na rede | |
https://www.rtve.es/play/videos/desaparecida/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desparecida é unha serie de televisión producida por Grupo Ganga e que emitiu La 1 de Televisión Española. Consta dunha única tempada de trece capítulos, estreados entre o 3 de outubro de 2007 e o 30 de xaneiro de 2008. Dirixida entre outros por Carlos Sedes, gran parte do equipo técnico desta produción é galego e participou anteriormente na exitosa serie galega A vida por diante.
Coincidindo coa emisión do último capítulo da serie, anunciouse a próxima estrea dunha spin-off titulada UCO e protagonizada por dous dos personaxes da serie, o tenente Sierra (Miguel Ángel Solá) e a sarxenta Laura Andrún (Esther Ortega).
Argumento
[editar | editar a fonte]Patricia Marcos é unha moza que vive coa familia nunha vila ficticia ás aforas de Madrid, Blancaró. A noite en que fai 18 anos Patricia planea saír coa curmá, Cris, e ir á festa da vila veciña. Tras discutir coa nai, Lola, sobre a hora de volver á casa, Patricia acaba logrando autorización do pai, Alfredo, para adiar a volta. Con todo, a moza non regresa xamais á casa, o que mobiliza a familia e mais a Garda Civil na súa procura. A medida que a investigación avance sairán a luz detalles descoñecidos de Patricia e da súa contorna.
Elenco de actores e personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Patricia Marcos (interpretada por Beatriz Ayuso). É a filla de Alfredo e Lola, a do medio de tres irmáns. Mantén unha tensa relación coa nai, mais lévase moi ben co pai. Sae cun compañeiro de clase, Rubén, aínda que os pais dela ignoran esta relación. Patricia desaparece o mesmo día en que cumpre 18 anos.
- Alfredo Marcos (Carlos Hipólito). É o pai de Patricia, está casado con Lola. Rexenta un restaurante co irmán, Gerardo.
- Lola Álvarez (Luisa Martín ). Está casada con Alfredo. Vive unha tensa relación coa filla do medio, Patricia, polas ansias de liberdade da moza.
- Diego Marcos (Francesc Tormos). Fillo de Alfredo e Lola, irmán máis vello de Patricia e Sonia. É un mozo rebelde, impulsivo e independente.
- Sonia Marcos (Bárbara Meier). Ten sete anos e é a máis nova dos fillos de Alfredo e Lola. Comparte habitación coa irmá, Patricia.
- Cristina Marcos (Marina Salas). É a curmá de Patricia, ademais da súa mellor amiga e confidente. Filla de Gerardo Marcos, a nai morreulle cando era moi nova.
- Gerardo Marcos (Carlos Kaniowsky). O tío de Patricia é o irmán máis vello de Alfredo, con quen rexenta un bar. A muller morreulle dez anos atrás, logo dunha longa enfermidade. Desde entón criou el só a filla Cristina.
- Rubén Atienza (Santi Marín). Compañeiro de clase de Patricia, coa que acaba de iniciar unha relación pouco antes da súa desaparición. Este feito fará del un dos principais sospeitosos.
- Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá). Pertence á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e ten unha longa traxectoria profesional. Será o principal responsable da investigación sobre a desaparición de Patricia. Está separado da muller, coa que tivo unha filla de 18 anos.
- Sarxenta Laura Andrún (Esther Ortega). Sarxenta da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e compañeira de Sierra desde hai anos.
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Ricardo (Richi) (Alejandro Cano)
- Chete (Julio Cabañas)
- Carla Tuñón (Mariña Ballesteros)
- César Román (Héctor Claramunt)
- Rosa (Luisa Martínez)
- Alba (María Salgueiro)
Créditos
[editar | editar a fonte]- Dirección: Carlos Sedes, Manuel Palacios, Jorge Sánchez Cabezudo e José María Caro
- Guión: Ramón Campos, Gema R. Neira, Eligio R. Montero, Allan Baker, Álvaro González-Aller, Deborah Rope, Luís Marías e Laura León.
- Edición de guións: Ramón Campos e Laura León
- Produción: Miguel Ángel Bernardeau, Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés, Francisco Cabrera e Nicolás Romero Lara.
- Dirección de fotografía: Jacobo Martínez e Migue Amoedo
- Dirección artística: Gonzalo Gonzalo e Roberto Carvajal
- Dirección de produción: Miriam Mateos
- Montaxe: José Ares, Joaquín Roca, Esperanza San Esteban e Nino Martínez Eslamiada
- Música orixinal: Nani García
Episodios
[editar | editar a fonte]As datas e os datos de audiencia corresponden á súa estrea en España.
Capítulo | Nome | Data de emisión | Audiencia | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
1 | Día 1 | 3 de outubro de 2007 | 3 299 000 | 18,6% |
2 | Día 4 | 10 de outubro de 2007 | 3 053 000 | 16,6% |
3 | Día 11 | 17 de outubro de 2007 | 2 935 000 | 15,9% |
4 | Día 13 | 24 de outubro de 2007 | 2 664 000 | 14,5% |
5 | Día 14 | 31 de outubro de 2007 | 2 360 000 | 14,9% |
6 | Día 16 | 7 de novembro de 2007 | 1 620 000 | 15,7% |
7 | Día 17 | 14 de novembro de 2007 | 3 553 000 | 18,6% |
8 | Día 22 | 21 de novembro de 2007 | 2 990 000 | 15,7% |
9 | Día 23 | 5 de decembro de 2007 | 2 575 000 | 14,6% |
10 | Día 24 | 12 de decembro de 2007 | 2 854 000 | 15,0% |
11 | Una clase de Guardia Civil | 21 de xaneiro de 2008 | 923.000 | 12,9% |
12 | Día 25 | 23 de xaneiro de 2008 | 2 485 000 | 13,8% |
13 | El último día | 30 de xaneiro de 2008 | 3 183 000 | 17,1% |
Premios
[editar | editar a fonte]- XVII Edición dos Premios da Unión de Actores
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz protagonista de televisión
- Carlos Hipólito candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Miguel Ángel Solá candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Carlos Kaniowsky candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz secundaria de televisión
- Jacobo Dicenta candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión