Saltar ao contido

Deserto de ourizos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os ourizos de mar poden comer grandes cantidades de algas.

Os desertos de ourizos ou ermos de ourizos (en inglés Urchin barrens) son lugares do océano onde os ourizos de mar comeron e mataron tantas algas que converteron un bosque de algas en algo similar a deserto terrestre. Isto ocorre cando hai demasiados ourizos de mar. Os peixes, krill e outros animais que viven nos bosques de algas morren ou marchan. Os desertos de ourizos están presentes en zonas costeiras do océano Pacífico.[1] A pesar do nome, non se trata dun terreo totalmente ermo ou estéril.[2]

Estes desertos estiveron formándose por moito tempo, pero na segunda metade da década dos 2010, de súpeto apareceron moitos máis.[3]

Bosque de algas en Monterey, California
Unha lontra mariña cun ourizo de mar.

A xente notou por primeira vez os desertos de ourizos no 1800, cando as lontras mariñas eran cazadas pola súa pel. A xente matou tantas lontras mariñas que case desapareceron. Ás lontras mariñas gústalles comer ourizos de mar, polo que sen que as lontras os comen, proliferaron moitísimo os ourizos de mar.

Os humanos cazaban lontras mariñas pola súa pel.

As correntes oceánicas cálidas tamén afectan ás poboacións de ourizos de mar. Nalgúns lugares, os bosques de algas convértense en desertos de ourizos e despois medran de novo dependendo das correntes dese ano.

A estrelamar xirasol é o único animal que come gran cantidade de ourizos púrpura de mar.

As estrelamares tamén comen ourizos de mar. A estrelamar xirasol é o único animal que come regularmente o ourizo roxo. Mesmo ás lontras mariñas gústanlles máis os ourizos vermellos que os ourizos púrpuras. Cando unha enfermidade en 2013 matou a maior parte das estrelas de mar na costa do Pacífico, quedaban moitos máis ourizos de mar. Un estudo mostrou que o número destes ourizos nun arrecife da costa de Oregón aumentou un 10.000% nos cinco anos entre 2014 e 2019. Comeron ou desbordaron o abalón vermello e os ourizos de mar vermellos que lles gusta comer aos humanos. A pesca do abalón (ou abulón) en California pechou en 2018, cunha perda de 44 millóns de dólares $ por ano.[4]

Cando os ourizos de mar quedan sen alimento, tentan comerse uns aos outros, e despois quedan latentes, como durmindo. Non tentan reproducirse, polo que as súas gónadas encóllense. Debido a que as gónadas son a parte do ourizo que lles gusta comer aos humanos, eses ourizos de mar non se poden capturar e vender para comer.

Cambio climático

[editar | editar a fonte]

Os científicos dixeron que a auga máis quente a principios da década de 2010 debilitou as Nereocystis (bull kelp, algas touro). En 2016, unha masa de auga morna chamada "Blob" mantivo a costa de California moi quente. A auga morna tamén facilitaba a reprodución dos ourizos, polo que tiñan moitas máis crías do habitual.

Un estudo mostrou que o 90% das nereocystis nas costas de California morreron a finais da década de 2010.[5]

Restauración

[editar | editar a fonte]

Os científicos realizaron experimentos en tanques e océanos con outros animais, como lagostas, para ver se comerían suficientes ourizos de mar para que os bosques de algas volvesen medrar, pero só axudaron un pouco.[6]

Nos lugares onde regresaron as lontras mariñas, como o estreito de Juan de Fuca, comían suficientes ourizos de mar para que os bosques de algas medren de novo.

Algunhas empresas contrataron mergulladores que se adicaban ao abulón vermello para recolleren ourizos de mar e levalos a ranchos mariños controlados onde puidesen alimentalos até que estivesen o suficientemente sans como para vendelos para uso humano.

  1. "Otters and urchins at bay". UCSD.edu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  2. BBC - Planet Earth (12-1-2022). Army of urchins (YouTube). 
  3. "Sea urchins California and Oregon population". 
  4. "abs/10.1002/ecy.2625". ESA Journals. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2022. Consultado o 12-1-2022. 
  5. "Sea urchin population soars 10,000% in five years, devastating US coastline". 
  6. "Experiments reveal limited top-down control of key herbivores in southern California kelp forests". doi:10.1002/ecy.2625. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.