Desertos de Australia
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Os desertos de Australia cobren unha gran porción do chan australiano. A maior parte dos desertos atópanse na rexión central e noroeste do país. A maior parte de Australia é desértica ou semiárida. O tamaño total dos desertos en Australia suman 2,3 millóns de km e ocupa un 44 % do territorio continental.
Desertos de Australia
[editar | editar a fonte]Deserto | Estado/Territorio | Tamaño (km²) | Chan australiano (%) |
---|---|---|---|
Gran Deserto de Vitoria | Australia Occidental, Australia Meridional | 348.750 | 4,5% |
Gran Deserto Areoso | Australia Occidental | 267.250 | 3,5% |
Deserto de Tanami | Australia Occidental, Territorio do Norte | 184.500 | 2,4% |
Deserto de Simpson | Territorio do Norte, Queensland, Australia Meridional | 176.500 | 2,3% |
Deserto de Gibson | Australia Occidental | 156.000 | 2,0% |
Pequeno Deserto Areoso | Australia Occidental | 111.500 | 1,5% |
Deserto de Strzelecki | Australia Meridional, Queensland, Nova Gales do Sur | 80.250 | 1,0% |
Deserto Pedregoso de Sturt | Australia Meridional, Queensland, Nova Gales do Sur | 29.750 | 0,3% |
Deserto de Tirari | Australia Meridional | 15.250 | 0,2% |
Deserto de Pedirka | Australia Meridional | 1.250 | < 0,1% |
Deserto do Oeste (non oficial) | Australia Occidental, Australia Meridional | 524.750 | 7,0% |
Superficie ocupada
[editar | editar a fonte]Posto que a área dun deserto é difícil de medir con exactitude, a continuación móstrase unha táboa con datos de diversas fontes sobre as superficies dos principais desertos de Australia.
Deserto | Menor tamaño estimado (km²) | Maior tamaño estimado (km²) |
---|---|---|
Gran Deserto Areoso | 338.500 | 415.000 |
Gran Deserto de Vitoria | 338.500 | 650.000 [1][Ligazón morta] |
Deserto de Gibson | 155.000 | 310.800 |
Deserto de Simpson | 100.000 | 584.500 [2][Ligazón morta] |
Outros desertos
[editar | editar a fonte]- Pequeno Deserto Areoso.
- Deserto do Oeste agrupación dos desertos de Gibson e Gran e Pequeno Deserto Areoso.
- Deserto de Strzelecki.
- Deserto de Tanami.
- Deserto de Tirari.