Desirée Ndjambo
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Desirée Ndjambo León 17 de outubro de 1976 (48 anos) Madrid, España |
Residencia | Madrid |
Educación | Universidade Carlos III de Madrid - Licenciatura en xornalismo Facultad de Trabajo Social (Universidad Complutense de Madrid) (en) - Traballo social |
Actividade | |
Lugar de traballo | Torrespaña (RTVE) |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
Período de actividade | 1999 - |
Empregador | Grupo PRISA RTVE |
Desirée Ndjambo León, nada en Madrid o 17 de outubro de 1976, é unha xornalista deportiva orixinaria de Guinea Ecuatorial que actualmente traballa no Telediario 2 xunto a Marta Jaumandreu e Marcos López (21:00h), en La 1 de Televisión Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III e diplomada en Traballo Social pola Universidade Complutense de Madrid, traballou como redactora do programa Los desayunos, dando a información meteorolóxica no Canle 24 horas, e como reporteira do Mundial de MotoGP durante tres tempadas, antes de recalar no Telediario Matinal como presentadora dos deportes.
En 2012 presentou o programa previo e post ao Festival de Eurovisión, chamado Destino Eurovisión. Presentou a edición matinal do Telediario ata setembro de 2012, cando pasou a presentar o Telediario 2.