Saltar ao contido

Desxeo cubano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O presidente Barack Obama reuníndose co presidente Raúl Castro en Panamá.

O desxeo cubano, en inglés United States–Cuban Thaw [1] e en castelán deshielo cubano[2] é un quecemento das relacións Cuba-Estados Unidos que comezou en decembro de 2014, poñendo fin a unha ruptura de 54 anos entre os dous Estados-nación. En marzo de 2016, Barack Obama converteuse no primeiro presidente dos EUA en visitar Cuba desde 1928.[3]

O 17 de decembro de 2014, o presidente estadounidense Barack Obama e o presidente cubano Raúl Castro anunciaron o inicio dun proceso de normalización das relacións entre Cuba e os Estados Unidos. O acordo de normalización foi negociado en segredo nos meses anteriores, sendo supervisado polo Papa Francisco e acollido en grande parte polo Goberno de Canadá.

Celebráronse reunións en Canadá e na Cidade do Vaticano.[4] O acordo suporía o levantamento dalgunhas restricións de viaxe de Estados Unidos, menos restricións ás remittances[5] e o acceso dos bancos estadounidenses ao sistema financeiro cubano.[6]

O 14 de abril de 2015, a administración Obama anunciou que Cuba sería eliminada da lista de patrocinadores do terrorismo dos Estados Unidos. Sen ningunha acción do Congreso para bloquealo no período de tempo permitido, Cuba foi retirada oficialmente da lista o 29 de maio de 2015. Isto marcou un novo afastamento dos Estados Unidos do conflito da Guerra fría e a distensión nas relacións Cuba-Estados Unidos.

O 20 de xullo de 2015, as "seccións de intereses" de Cuba e Estados Unidos en Washington, D.C. e na Habana pasaron a ser embaixadas, marcando o restablecemento das relacións diplomáticas que se romperan en 1961.[7] [8]

Presidencia de Trump

[editar | editar a fonte]

O 16 de xuño de 2017 o presidente Donald Trump anunciou que estaba a "cancelar" os acordos das administracións de Obama con Cuba, ao tempo que expresou que se podería negociar un novo acordo entre os gobernos de Cuba e Estados Unidos.[9] [10]

Presidencia Biden

[editar | editar a fonte]

En maio de 2022, a administración Biden anunciou novos cambios que reverteron as medidas de Trump cara a Cuba. Eliminouse o límite das remesas familiares e ampliouse o persoal da embaixada da Habana para tramitar visados.[11] [12]

  1. Reuters (2014-12-17). "Betting on a Cuban Thaw: Stocks Soar on Rumors of U.S. Relations With Cuba". Newsweek (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  2. MUNDIARIO (2015-01-28). "Dos mujeres diplomáticas dirigen las negociaciones en el deshielo cubano". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  3. DeYoung, Karen; Miroff, Nick; Eilperin, Juliet (2023-04-11). "Obama begins historic visit to Cuba". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2024-07-29. 
  4. Nadeau, Barbie Latza (2014-12-17). "The Pope's Diplomatic Miracle: Ending the U.S.-Cuba Cold War". The Daily Beast (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  5. Unha remittance ou remesa pode significar diñeiro que se envía a alguén doutro país.
  6. "2014-Cuba-sanctions" (PDF). pwc.com. 
  7. Baker, Peter (2014-12-17). "U.S. to Restore Full Relations With Cuba, Erasing a Last Trace of Cold War Hostility". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-07-29. 
  8. "US and Cuba restore ties by opening embassies". Al Jazeera (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  9. Acosta, Dan Merica,Jim (2017-06-15). "Trump chips away at Obama’s legacy on Cuba". CNN Politics (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  10. TODAY, USA. "Live stream: Trump announces policy changes on Cuba". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  11. "Biden Administration Expands Support to the Cuban People". United States Department of State (en inglés). Consultado o 2024-07-29. 
  12. Sanger, David E. (2022-05-17). "Biden Administration Lifting Some Trump-Era Restrictions on Cuba". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-07-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.