Saltar ao contido

Determinismo nas ciencias naturais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O determinismo nas ciencias naturais foi dominante durante séculos, sendo no campo da Física algúns dos seus principais defensores Pierre Simon Laplace e Albert Einstein.

Características

[editar | editar a fonte]

A mecánica clásica e a teoría da relatividade son teorías que postulan leis de evolución temporal, é dicir, "ecuacións de movemento" de tipo determinista. Segundo elas, cando se ten coñecemento completo do estado dun sistema nun momento dado será posible coñecer o estado do sistema en calquera momento futuro. A pesar deste feito sobre o modo en que as mecánicas clásica e relativista tratan a evolución temporal dos sistemas físicos, na práctica existen moitas dificultades para lograr un coñecemento completo do estado físico dun sistema (clásico ou relativista). (ver o 'efecto bolboreta')

A mecánica cuántica é considerada globalmente como unha teoría non determinista na que o azar si ten un papel. Con todo, ata en mecánica cuántica ten un papel restrinxido. Segundo a interpretación común da física cuántica, aínda que postula a evolución determinista da función de onda cando non é observada ou medida, postula unha "evolución" ou colapso azaroso do estado dun sistema microscópico cando se realiza unha medida sobre este. Iso suxire que o azar xoga un papel importante na escala atómica pero que a escala humana o mundo é practicamente determinista (aínda que existe a posibilidade de que un efecto cuántico amplificado introduza o azar tamén a escalas maiores).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]