Detrás da máscara
Detrás da máscara | |
---|---|
Título orixinal | Behind a Mask, or A Woman's Power |
Autor/a | Louisa May Alcott |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | The Flag of Our Union Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1866 2017 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 174 |
ISBN | ISBN 978-84-946538-1-0 |
Tradución | Antía Veres |
[ editar datos en Wikidata ] |
Detrás da máscara[1] (en inglés: Behind a Mask, or A Woman's Power) é unha novela escrita pola autora estadounidense Louisa May Alcott. A novela foi publicada orixinalmente en 1866 baixo o pseudónimo de A. M. Barnard en The Flag of Our Union. Ambientada na Gran Bretaña da época vitoriana, conta a historia de Jean Muir, a enganosa institutriz da rica familia Coventry. Cunha manipulación experta, Jean Muir obtén o amor, o respecto e a fortuna da familia Coventry.
Dende que foi publicada de novo por Madeleine B. Stern en 1975, a novela salienta entre as reintepretacións críticas da obra de Alcott pola súa importancia literaria. Existe unha visión crítica que considera a novela unha versión do tropo da "Bela e a Besta", mentres que outros críticos fan unha crítica feminista da narrativa.
Foi traducido ó galego por Antía Veres[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017. A tradución foi galardoada co I Premio Realia de Tradución Literaria.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Detrás da máscara. Traducido por Antía Veres (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2017. ISBN 978-84-946538-1-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 49. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eiselein, Gregory; Phillips, Anne K. (2001). The Louisa May Alcott Encyclopedia: Behind A Mask or, A Woman's Power. Greenwood Publishing Group. p. 33. ISBN 9780313308963.