Dhaunae de Vir
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | creadora |
Premios | |
Dhaunae de Vir, nada nos Ancares[1] é unha profesional polifacética, desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia, ex xogadora semiprofesional de eSports.[2] [3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende hai anos vive entre Estocolmo, Madrid e Londres onde traballa para a empresa de videoxogos Paradox Interactive.[3] Ten unha ampla experiencia en proxectos transmedia, incluíndo deseño, produción e programación de videoxogos. Tamén foi xogadora semiprofesional de deportes electrónicos (eSports) e contribuíu á creación do Libro branco dos deportes electrónicos para o Reino Unido.[3]
Na súa traxectoria profesional realizou proxectos de éxito na industria cinematográfica, como Judas Goat , unha serie en liña con subtítulos en galego polo que recibiu un BAFTA New Talent Award[2] e a curtametraxe Sunsets and Silhouetes (Solpores e Siluetas) pola que foi finalista. [4]
Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O programa Girl STEM entrevista a Dhaunae de Vir e Gisela Vaquero, mulleres referentes na industria dos videoxogos". Amtega. 2020-11-19. Consultado o 2021-01-17.
- ↑ 2,0 2,1 "CO(M)XÉNERO 3. Información das participantes – Grupo de Estudo Audiovisuais". estudosaudiovisuais.org. Consultado o 2021-01-17.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Pérez Pena, Marcos (2019-11-24). ""As mulleres xogamos tanto ou máis, pero moitas empresas seguen empeñadas en crear videoxogos só para homes"". Praza Pública. Consultado o 2021-01-17.
- ↑ "'Judas Goat', unha serie en liña de vampiros con subtítulos en galego - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2021-01-17.
- ↑ Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.