Diñeiro electrónico
O termo diñeiro electrónico, tamén diñeiro dixital ou moeda electrónica, refírese a unha forma de circulación do diñeiro fiduciario existente nun ambiente económico, equivalendo a unha certa contía de moeda depositada nalgún banco ou nalgunha institución financeira. Noutra banda, o termo tamén pode expresar a idea dun medio de pagamento que é aceptado en transaccións financeiras, cumprindo a función de diñeiro, mais tal medio non existe fisicamente ou en razón dalgún lastre, como o padrón ouro, e os seus rexistros non obrigatoriamente atópanse nunha institución financeira, estatal ou privada. En calquera caso, tanto a existencia do diñeiro dixital como as diversas transaccións feitas con el son testificadas na forma de información almacenada nun medio dixital ou nunha rede de datos, como as criptomoedas.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Holger Nilsson. "Parlamento da UE acelera o sistema sen diñeiro". Consultado o 12 de febreiro de 2016.
- ↑ "Deep web: Os submundos clandestinos de Internet". 15 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016.
- ↑ Dodl, Alessandra; Barros, José (2011). Desafios do Sistema Financeiro Nacional (en portugués). Rio de Janeiro: Elsevier Brasil. p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |