Dióxenes de Enoanda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. século II Licia, Turquía |
Morte | c. século II Enoanda, Turquía |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Lugar de traballo | Enoanda |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século II ) |
Movemento | Epicureísmo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Dióxenes de Enoanda foi un filósofo grego do século II que divulgou a filosofía de Epicuro como representante do epicureísmo moral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido porque, ao redor do ano 120, mandou gravar as máximas epicúreas sobre un muro, de oitenta metros de longo por case catro de alto, cun total de máis de 200 pezas da antiga cidade de Enoanda en Licia, suroeste da actual Turquía. O muro destruíuse cun terremoto. Dise que o muro estaba cerca do mercado da cidade e era unha alerta para que os cidadáns que comprasen nas tendas de Enoanda non esperasen atopar a felicidade comprando.
Os fragmentos, atopados no ano 1884, forman unha importante fonte da filosofía epicúrea, no referente á física, a epistemoloxía e a ética. Tal epigrama, ademais, incluía a doutrina epicúrea do clinamen (desviación), unicamente coñecida até ese momento por escritos de Lucrecio e Cicerón. A inscrición foi mandada tallar por Dióxenes de Enoanda de modo que todos os cidadáns aprendesen o ideal de coñecemento humano do epicureísmo. A partir da información descuberta non se ten constancia doutras doutrinas en referencia ao epicureísmo, aínda que axuda a aclarar algunhas cuestións desta doutrina. Estímase que contería unhas 25.000 palabras e non se recuperou máis dun terzo do total[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, M., Lucretius, On the Nature of Things. Hackett. (2001). En inglés.