Saltar ao contido

Diana Atamaint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiana Atamaint

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Sucúa, Ecuador Editar o valor en Wikidata
Presidenta Consejo Nacional Electoral de Ecuador (en) Traducir
20 de novembro de 2018 –
Vicepresidente Consejo Nacional Electoral de Ecuador (en) Traducir
2 de agosto de 2018 – 20 de novembro de 2018
Board member (en) Traducir Consejo Nacional Electoral de Ecuador (en) Traducir
2 de agosto de 2018 –
Deputada da Asemblea Nacional de Ecuador
31 de xullo de 2009 – 9 de maio de 2013
Circunscrición electoral: Morona Santiago

Deputada Nacional de Ecuador
5 de xaneiro de 2007 – 30 de novembro de 2007
Circunscrición electoral: Morona Santiago

Datos persoais
EducaciónUniversity of Cuenca (en) Traducir - commercial engineering (en) Traducir
Universidad Andina Simón Bolívar (en) Traducir
Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMorona Canton (en) Traducir (2013–2014)
Ministry of Agriculture of Ecuador (en) Traducir (2008–2009)
Universidad Andina Simón Bolívar (en) Traducir (2005–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPachakutik (–2017) Editar o valor en Wikidata
Membro de

Twitter: DianaAtamaint Editar o valor en Wikidata

Shiram Diana Atamaint Wamputsar, nada en Sucúa o 12 de maio de 1972, é unha política ecuatoriana e a primeira integrante do pobo shuar en ser lexisladora.[1] É presidenta do Consello Nacional Electoral dende novembro de 2018.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 12 de maio de 1972 en Sucúa, provincia de Morona Santiago.[2] Realizou os seus estudos secundarios no Colexio Río Upano e os superiores na Universidade de Cuenca, onde obtivo o título de enxeñeira comercial. Posteriormente realizou unha mestría en políticas públicas na Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais.[3]

Aos 26 anos foi nomeada técnica do Proxecto de Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas e Negros de Ecuador, desenvolvido polo Banco Mundial.[4] O seu cargo permitiulle visitar diversas comunidades da Amazonía ecuatoriana e atender as súas necesidades, con varios grupos pedíndolle que actuase como a súa representante.[3]

Entrou na política en 2005 como deputada alterna de Sandra Palacios.[5] Nas eleccións lexislativas de 2006 foi elixida deputada nacional en representación de Morona Santiago polo Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik,[6] converténdose na primeira lexisladora do pobo shuar.[1] Durante o seu tempo no Congreso utilizou en varias ocasións (incluíndo na súa posesión como deputada) traxes tradicionais da comunidade shuar.[7]

En novembro de 2007 foi cesada do seu cargo xunto ao resto de deputados pola Asemblea Constituínte de 2007.[8]

En 2009, foi nomeada subsecretaria da Amazonía do ministerio de agricultura, mais renunciou ao cargo para participar como candidata a asembleísta nas eleccións lexislativas do mesmo ano. Nas mesmas gañou un escano en representación de Morona Santiago por Pachakutik.[2]

Durante as protestas da comunidade shuar a finais de 2009 participou como representante dos manifestantes nos diálogos co Goberno central.[3]

En xuño de 2012 a ministra de ambiente, Marcela Aguiñaga, demandou a Atamaint por inxurias calumniosas logo de que a asembleísta afirmase nunha entrevista que a ministra realizou supostos desvíos de fondos públicos a contas de amigos.[9] A Corte Nacional de Xustiza solicitou á Asemblea o levantamento da inmunidade parlamentaria de Atamaint,[10] mais esta rexeitou a petición. A moción para negar o pedido foi presentada por Paco Moncayo e obtivo 66 votos a prol, 36 en contra e 11 abstencións.[11]

O 2 de agosto de 2018 foi nomeada vicepresidenta encargada do Consello Nacional Electoral logo de tomar posesión como voceira do organismo polo Consello de Participación Cidadá e Control Social.[12] Finalmente tomou cargo como presidenta do mesmo organismo cando se definiu o conxunto de conselleiros final.

  1. 1,0 1,1 Jerónimo, Andreu (4 de febreiro de 2008). ""Desde pequeña me señalaban en clase, me decían 'la jíbara"". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Diana Atamaint - Elecciones Ecuador 2013". El Universo (en castelán). 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Diana Atamaint: historia de una lucha constante". La Hora (en castelán). 12 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  4. "Tres indígenas hablan de los avances y los pendientes de los derechos de sus pueblos". El Telégrafo (en castelán). 9 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  5. "El Congreso con mayor participación femenina". La Hora. 17 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2017. Consultado o 5 de decembro de 2017. 
  6. "PRE y PK, entre las minorías". El Universo (en castelán). 15 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  7. "Diana Atamaint, diputada fashion con atuendo típico". El Universo (en castelán). 4 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  8. "Cronología del mandato de Rafael Correa". El Diario (en castelán). 15 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  9. "Ministra del Ambiente inicia proceso conta Atamaint". El Telégrafo (en castelán). 22 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  10. "Confesión judicial da vía libre a juicio a la asambleísta Diana Atamaint". El Universo (en castelán). 20 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  11. "Asamblea rechaza juicio penal a asambleísta Diana Atamaint". El Universo (en castelán). 2 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  12. "Vocales del Consejo Nacional Electoral transitorio eligieron a su presidente". El Universo. 2 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.