Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña
Aparencia
Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña foi un periódico editado na Coruña entre 1858 e 1866.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 24 de novembro de 1858. Foron os seus directores Francisco María de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, José López de la Vega, José María Montes e Froilán Salazar. Imprimíase nos obradoiros de Cástor Míguez. Entre os seus colaboradores figuraban Antonio de la Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Federico Alejos Pita. Publicaba editoriais e soltos, variedades, boletíns relixiosos, noticias mercantís, anuncios e folletíns. Cesou a súa publicación o 12 de abril de 1866.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 143. ISBN 84-8288-137-X.