Diccionario de uso del español
Diccionario de uso del español | |
---|---|
Título orixinal | Diccionario de uso del español |
Autor/a | María Moliner |
Lingua | lingua castelá |
Data de pub. | 1966 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Diccionario de uso del español é unha obra creada pola lexicógrafa española María Moliner a partir de 1962.
En palabras de Manuel Seco[1], membro da Real Academia de la Lengua: "... é o intento innovador máis ambicioso .... O propósito era tomar a definición das palabras incluídas no DRAE para refundilas e mostralas doutro xeito.
Habitualmente non se usa como dicionario enciclopédico, senón como referencia para escritores de todo tipo, por exemplo literatos, periodistas, ou tamén escritores de documentación técnica.
Hai 3 versións. A primeira xa non se edita e segue a estrutura orixinal da autora. A segunda está reorganizada e as definicións varían bastante, para [1] "completar e darlle forma definitiva aos materiais existentes". Esta segunda versión é causa de conflitos entre a editorial e os herdeiros da escritora.
Primeira versión
[editar | editar a fonte]Como ela mesma indicou na presentación da súa obra: "A denominación «de uso» aplicada a este dicionario significa que constitúe un instrumento para guiar no uso do español [...] traendo todos os recursos de que o idioma dispón".
Para isto, non segue estritamente a orde alfabética, senón que se agrupan os termos como nun tesauro.
Así, María Moliner conseguiu extraer o significado das palabras, e agrupalas usando esta base. Dun modo natural, indícanse relacións entre os termos, marcando o camiño para o correcto uso deles. A idea non era nova. Xa no século XIX Paul Robert fixera o mesmo co francés, e Julio Casares en 1942. Outro exemplo é a obra de Peter Mark Roget en inglés. Foi estimulante o libro Learner's dictionary of current english que seu fillo Fernando lle proporcionou en 1952.
Na presentación do seu libro explícanse que as características máis importantes son:
- Alumbramento de modos de dicir
- Sinónimos
- Catálogos de palabras afíns
- Expresións pluriverbais
- Nomes científicos de nomes e plantas
- Regras gramaticais
- Aclaracións gramaticais
- Artigos con desenvolvemento gramatical
- Estrutura e redacción
- Reelaboración dos artigos
- Estrutura ascensional
- Teoría da definición
- Definición das palabras cume
- Fórmulas definitorias
- Os participios
- Os adxectivos
- Certas especificacións necesarias na definición
- Etimoloxías
- As etimoloxías
- Extensión con respecto ao DRAE
- Neoloxismos; puristas e innovadores
- Adición de modismos
- Ordenación por familias
- Desdobramento dos signos ch e ll
- Ordenación das acepcións
- Palabra ordenatriz nos modismos e frases
Segunda versión
[editar | editar a fonte]A Editorial Gredos tiña os dereitos de publicación e en 1998 decide actualizar o dicionario.
Nesta ocasión reordena alfabeticamente as palabras e modifica abundantes significados, nun intento de renovar o contido, feito que ofendeu aos herdeiros de María Moliner, que interpuxeron varias demandas contra esta edición.
Terceira versión
[editar | editar a fonte]Publicada en 2007, segundo a propia editorial, esta versión débese a un proceso "de revisión e actualización, e a certos cambios formais que permitiron clarificar o texto e facilitar a súa consulta".
Esta edición está tamén dispoñíbel en versión electrónica nun CD-ROM que inclúe 7.700 entradas e 25.000 acepcións novas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Edición electrónica do Diccionario de uso del español, de María Moliner, Antonio Villanueva