Diccionario gallego-castellano (1863)
Diccionario gallego-castellano (1863) | |
---|---|
Título orixinal | Diccionario gallego-castellano |
Autor/a | Francisco Javier Rodríguez Gil |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
Data de pub. | 1863 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 3.834 entradas[1] definidas en castelán elaborado por Francisco Javier Rodríguez Gil e publicado postumamente por Antonio de la Iglesia en 1863 na Coruña como suplemento da revista Galicia. Revista Universal de este Reino. Constitúe o primeiro dicionario galego moderno.[2]
Elaboración
[editar | editar a fonte]O autor só recolleu nas súas papeletas entradas non coincidentes co castelán, facendo comparacións con outras linguas romances e con citas de autoridades[3]. Antón Santamarina cifra en 2.184 as voces definidas por Rodríquez, en xeral con decoro. José Luis Pensado atribúelle ao editor, Antonio de la Iglesia, unha fonda modificación das papeletas orixinais, que resultou no empeoramento do traballo[4] engadíndolle palabras mal transcritas de Frei Martín Sarmiento e outros autores, entradas pantasmas e equivalencias erróneas.[5] Aínda así serviu de modelo e base para os dicionarios decimonónicos posteriores.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, p. 197.
- ↑ Antón Santamarina Norma e estándar en Henrique Monteagudo (ed). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, p. 82.
- ↑ Ricardo Carballo Calero. Gramática elemental del gallego común. Galaxia, 6ª ed., 1976, p. 38.
- ↑ José Luis Pensado Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1976
- ↑ Antón Santamarina, ob. cit., p. 82
- ↑ Maricarme García Ares. As unidades léxicas compostas na lexicografía galega en Xosé Luís Regueira Da gramática ó diccionario: estudios de lingüística galega. Universidade de Santiago de Compostela, 2001, p. 147.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Diccionario gallego (1876) de Xoán Cuveiro Piñol