Saltar ao contido

Dictablanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dictablanda (en galego podería ser ditabranda) é o nome humorístico que se dá ao réxime de transición que substituíu a ditadura de Primo de Rivera e que precedeu á Segunda República Española.

Durou pouco máis dun ano, entre xaneiro de 1930 e abril de 1931, e houbo dous gobernos, presididos sucesivamente polo xeneral Dámaso Berenguer e o almirante Juan Bautista Aznar-Cabañas. Este último foi o encargado de preparar as eleccións do 12 de abril de 1931, inicio da Segunda República.

Posteriormente, tamén se utilizou o termo Dictablanda para referirse aos últimos anos da ditadura de Francisco Franco en España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]