Didi shesveneba
Aparencia
Didi shesveneba | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | დიდი შესვენება |
Director | Davit Pirtskhalava |
Guión | Davit Pirtskhalava |
Intérpretes | Shako Mirianashvili Giorgi Sharvashidze Sandro Kalandadze |
Música | Nodar Nozadze Nika Paniashvili |
Fotografía | Shalva Sokurashvili |
Estudio | Millimeter Film |
Estrea | 2022 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Didi shesveneba (en xeorxiano: დიდი შესვენება) é un filme xeorxiano de 2022 dirixido e escrito por Davit Pirtskhalava. Foi escollido como candidato de Xeorxia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de trece anos da súa graduación, Tsitsi fai unha reunión cos seus antigos compañeiros de clase co pretexto de lembrar os seus días no instituto e tomarlle unha. Porén, Tsitsi agocha as súas verdadeiras intencións, quere castigar a Guga, que sempre lle fixo a vida imposíbel na clase.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shako Mirianashvili como Tsitsi
- Giorgi Sharvashidze como Guga
- Sandro Kalandadze como Pochkua
- Gaga Shishinashvili como Gulo
- Davit Chitaia como Chito
- Goga Kobalia como Kuku
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Georgia Selects "A Long Break" as Oscar Candidate". Caucasus Business Week. Consultado o 15 de setembro de 2022.