Didio Riobó
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Bueu, España |
Morte | 3 de outubro de 1936 (47/48 anos) illa de Ons, España |
Causa da morte | suicidio, enforcamento |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Pai | Manuel Riobó Guimeráns |
Didio Riobó Bustelo, nado en Bueu en 1888 e finado na illa de Ons o 3 de outubro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Riobó Guimeráns. Fundou a Agrupación Republicana Radical de Bueu e foi concelleiro de Bueu durante a Segunda República. Desde 1931 instalouse na illa de Ons (que herdou á morte do seu pai en 1933) e intentou mellorar a vida dos colonos das illas, introducindo unha escola (hoxe o Centro de Visitantes)[1] e facendo repoboación forestal. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi acosado polos falanxistas, o que o levou a aforcarse na illa o 3 de outubro de 1936.[2][3]
Audiovisual
[editar | editar a fonte]O documental A illa de Don Didio (Xosé Cermeño, Marta Lemos, 2008) céntrase na historia da illa de Ons e da familia Riobó, e en particular na vida e morte tráxica de Didio Riobó. Tamén aborda o abandono da illa polos seus habitantes a partir dos anos 70 cando pasou a pertencer ao Estado español, describindo as dificultades da vida na illa nesa época.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Antonozzi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2023-07-08). "A antiga escola de Ons: vivindo como colonos". GCiencia. Consultado o 2024-01-11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-10-1936, p. 10.
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-10-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Islas: Ons y el doctor Didio Riobó" Diario de un médico de guardia (en castelán)
- Celestino Pardellas de Blas: "Ons: Riobó, unha historia un estudo" Faro de Vigo, 19/12/2010.
- "El último señor de Ons" Faro de Vigo, 31/12/2009 (en castelán).