Saltar ao contido

Diego Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Domínguez
Nome orixinal(es) Diego Domínguez Martín Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
2024Xogos Olímpicos de 2024canoeing at the 2024 Summer Olympics – men's C-2 500 metres (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata


Diego Domínguez Martín, nado en Madrid o 4 de maio de 2003 é un deportista español que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.[1] Conseguiu unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2024, na proba de C2-500 metros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Madrid, en 2020 instalouse en Pontevedra e ingresou no Club Breogán do Grove.[2] Gañou dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo Sub-23 de Piragüismo, en 2022 na proba C2-500 m mixto e en 2023 en C2 500 m masculino.

Tamén en C2-500 participou xunto ao catalán Joan Antoni Moreno nos Xogos Olímpicos de 2024. Conseguiron o segundo posto da súa serie e con ela o pase directo ás semifinais, e nestas a cuarta posición da súa manga, o que lles deu acceso á final. Xa na tirada final, conseguiron a medalla de bronce ao cruzaren a meta na terceira posición, só por detrás das embarcacións dos chineses Liu Hao e Ji Bowen e dos italianos Gabriele Casadei e Carlo Tacchini.[3]