Diego Ocampo
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1976 (48 anos) Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Diego Ocampo, nado en Ourense o 9 de xaneiro de 1976, é un adestrador galego de baloncesto, que actualmente adestra o Bàsquet Manresa, da Liga ACB, e a selección da República Checa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ocampo iniciou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do AB Ourense e a súa primeira experiencia como profesional foi na liga LEB 1 como axudante do Club Ourense Baloncesto. Alí permaneceu dúas tempadas ata que na 2004-05 marchou como segundo adestrador de Salva Maldonado ao CB Tarragona. Tras a destitución de Maldonado, o técnico ourensán fíxose cargo do equipo durante dúas tempadas máis, chegando a clasificar ao club catalán por primeira e única vez na súa historia para os 'play-offs' de ascenso á liga ACB.
Finalizado o seu periplo en Tarragona, deu o salto á máxima categoría para acompañar a Pedro Martínez ao ambicioso proxecto do Akasvayu Girona. Un ano despois, marchou ao club no que máis tempo permaneceu, o Cajasol Sevilla. Aterrou na capital hispalense na tempada 2008-09 como adestrador axudante e a súa relación co club sevillano prolongouse durante seis campañas. Nese período, Ocampo tivo a oportunidade de traballar como axudante de Pedro Martínez Sánchez, Joan Plaza e Aíto García Reneses.
Durante a súa etapa en Sevilla, Ocampo traballou tamén nas categorías inferiores da selección española, dirixindo as seleccións sub-16 e sub-17. En 2009 logrou o ouro no Europeo de Kaunas, ao mando da sub-16, mentres que un ano despois dirixiu á sub-17 no Mundial de Hamburgo, e en 2011 conseguiu o bronce coa sub-16 na República Checa.
No verán de 2014 asinou contrato co club UCAM Murcia CB para exercer como primeiro adestrador por unha campaña, en substitución de Marcelo Nicola. Con el ao mando, o equipo conseguiu realizar a mellor tempada da historia do club en ACB para finalizar cunha marca de 17-17 en liga regular e pelexando até as últimas xornadas por entrar en playoff. Con todo, o club non lle ofreceu a renovación ao termo da tempada.
O 15 de xullo de 2015 foi presentado como novo adestrador do CB Estudiantes, club histórico da ACB cunha longa tradición baseada na súa prolífica canteira de formación. Foi cesado en xaneiro de 2016. En xullo de 2016 foi anunciado como novo adestrador do Club Joventut de Badalona.[1] O 7 de febreiro de 2018 foi destituído como adestrador do Joventut debido ao malos resultados.
O 29 de abril de 2018 converteuse no adestrador do Básquet Manresa tras o final da tempada regular, co obxectivo de devolver o equipo á Liga ACB nos play-offs de ascenso. Tras eliminar ao Básquet Coruña e ao Trapa Palencia, o equipo derrotou na final ao Club Melilla Baloncesto, logrando volver á máxima categoría só un ano despois do seu descenso. Tras este éxito Ocampo deixou o club para converterse no novo adestrador do filial do FC Barcelona.[2][3] En xullo de 2020 foi anunciado como novo adestrador do Casademont Zaragoza para as dúas seguintes tempadas.[4] Con todo, ocupou o cargo durante menos de catro meses, sendo destituído en novembro debido aos malos resultados obtidos.[5]
En xuño de 2021 puxo rumbo a Alemaña, onde asinou como novo adestrador do Skyliners Frankfurt, da Bundesliga,[6] onde permaneceu ata marzo de 2022. A continuación regresou a España e fichou polo Tizona de Burgos, co que consegiu o ascenso á LEB Ouro na tempada 2022/23.
En xullo de 2023 converteuse no adestrador da selección da República Checa, cargo que compaxinou co seu traballo á fronte do Tizona na LEB Ouro.[7] En xuño de 2024 deixou Burgos para regresar ao banco do Manresa, da ACB.[8]
Traxectoria en clubs
[editar | editar a fonte]- 1996/97. AB Ourense. Cadete.
- 1997/98. AB Ourense. Júnior.
- 1998/99. AB Ourense. Júnior.
- 1999/00. COB-Salesianos. Cadete e Júnior.
- 2000/01. Salesianos. Alevín.
- 2000/01. Carmelitas Vedruna. 2ª Nacional feminina e Júnior feminino.
- 2001/02. Club Ourense Baloncesto. EBA. Adestrador axudante e preparador físico
- 2002/03. Club Ourense Baloncesto. LEB. Adestrador axudante
- 2003/04. Club Ourense Baloncesto. LEB. Adestrador axudante
- 2004/05. Club Extrugasa Cortegada Vilagarcía de Arousa. Categorías inferiores.
- 2004/05. CB Tarragona. LEB 1. Adestrador axudante de Salva Maldonado.
- 2005/06. CB Tarragona. LEB 1. Primeiro adestrador.
- 2006/07. CB Tarragona. LEB 1. Primeiro adestrador.
- 2007/08. Akasvayu Xirona. ACB e ULEB Cup. Adestrador axudante de Pedro Martínez Sánchez.
- 2009/10. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Joan Plaza
- 2010/11. Cajasol Sevilla ACB e ULEB. Adestrador axudante de Joan Plaza
- 2011/12. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Joan Plaza
- 2012/13. Cajasol Sevilla ACB e ULEB. Adestrador axudante de Aíto García Reneses
- 2013/14. Cajasol Sevilla ACB. Adestrador axudante de Aíto García Reneses
- 2014/15. UCAM Murcia ACB. Primeiro adestrador.
- 2015/16. CB Estudantes ACB. Primeiro adestrador.
- 2016/17. Club Joventut de Badalona. ACB. Primeiro adestrador.
- 2017/18. Club Joventut de Badalona. ACB. Primeiro adestrador.
- 2018. ICL Manresa. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
- 2018/19. FC Barcelona B. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
- 2019/20. FC Barcelona B. LEB Prata. Primeiro adestrador.
- 2020. Casademont Zaragoza. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
- 2021/22. Fraport Skyliners. BBL. Primeiro adestrador.
- 2021/22. Tizona. LEB Prata. Primeiro adestrador.
- 2022/23. Tizona. LEB Prata. Primeiro adestrador.
- 2023/24. Tizona. LEB Ouro. Primeiro adestrador.
Traxectoria nas seleccións
[editar | editar a fonte]- 2006-07. España. Adestrador axudante e preparador físico da Selección B.
- 2009. Seleccionador España Sub16.
- 2010. Seleccionador España Sub17.
- 2011. Seleccionador España Sub16.
- 2008. Seleccionador de Galicia.
- 2009. Seleccionador de Galicia.
- 2023-act. Seleccionador da República Checa.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2007/08. Akasvayu Girona. ULEB Cup. Subcampión
- 2009. España. Europeo Sub16, en Kaunas (Lituania). Ouro
- 2010/11. Cajasol Sevilla. Eurocup. Subcampión
- 2011. España. Europeo Sub16, en Hradec Kralove e Pardubice (República Checa). Bronce
- 2017/18. ICL Manresa. LEB Ouro. Campión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El ourensano Diego Ocampo, nuevo entrenador del Joventut". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ "Diego Ocampo deja el Manresa tras ascender a la Liga Endesa" (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ "Diego Ocampo, nuevo entrenador del filial del Barcelona" (en castelán). 24 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ "Diego Ocampo ficha por el Casademont Zaragoza". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ "El Casademont Zaragoza destituye a Diego Ocampo" (en castelán). 2 de novembro de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2024.
- ↑ "El entrenador español Diego Ocampo da el salto a la Bundesliga y ficha por los Fraport Skyliners" (en castelán). 11 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2024.
- ↑ Ron, Jorge (15 de xullo de 2023). "Diego Ocampo aterriza en República Checa para dirigir la selección de baloncesto" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024.
- ↑ "Diego Ocampo, nuevo entrenador del Baxi Manresa". La Vanguardia (en castelán). 17 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en ACB.COM
- Noticia da súa saída de UCAM Murcia en ACB.COMArquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Noticia da súa fichaxe polo Club Baloncesto EstudiantesArquivado 14 de novembro de 2015 en Wayback Machine.