Saltar ao contido

Desoxiguanosina difosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Difosfato de desoxiguanosina»)
Desoxiguanosina difosfato
Identificadores
PubChem 644
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H15N5O10P2
Masa molecular 427,201122

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A desoxiguanosina difosfato ou difosfato de desoxiguanosina, abreviado como dGDP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.

A dGDP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido correspondente, neste caso GDP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[1].

Tiorredoxina reducida + GDP tiorredoxina oxidada + dGDP + H2O

O dGDP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dGTP, catalizada por unha quinase.

ATP + dGDP ADP + dGTP
  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0