Digimon Data Squad
Aparencia
Digimon Data Squad | |
---|---|
デジモンセイバーズ (Digimon Savers) | |
Anime Digimon Data Squad | |
Dirixido por | Naoyuki Itou |
Estudio | Toei Animation |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 2 de abril de 2006 |
Última emisión | 25 de marzo de 2007 |
Núm. de capítulos | 48 |
Traballos relacionados | |
Digimon Data Squad, coñecido no Xapón como Digimon Savers (デジモンセイバーズ Dejimon Seibāzu?) é a quinta serie de animación da franquía nipoa Digimon.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un rapaz de 14 anos, Marcus Damon, un imbatible loitador (loitador urbano na versión orixinal xaponesa), coñece a Agumon, un digimon que escapou de DATS, nuha organización secreta do goberno creada para defender ó mundo dos humanos da invasión de digimons salvaxes. Despois de loitar un contra o outro, os dous fanse amigos rapidamente un do outro, e a partir dunha serie de eventos, son incorporados en DATS, onde teñen a esperanza de facerse máis fortes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Marcus Damon Daimon Masaru |
Soichiro Hoshi | Agumon | Taiki Matsuno | |||
O principal protagonista da serie, Marcus Damon é o fillo do investigador Spencer Damon, quen desapareceu no misterioso mundo coñecido como Digital World fai 10 anos. Forte e valente, Marcus considérase a si mesmo o número un dos loitadores definitivos. Despois de coñecer a Agumon, convértese en aliado dos Digimon despois de recibir un Digivice do misterioso home, Homer Yushima. | ||||||
Thomas H. Norstein Touma H. Norstein |
Hirofumi Nojima | Gaomon | Kazuya Nakai | |||
Graduado pola universidade de Estocolmo á idade de 13 anos, Thomas H. Norstein é un prodixio medio austríaco, medio xaponés. Gran boxeador e xenio nos estudos, Thomas é un membro vital do equipo de DATS. | ||||||
Yoshino "Yoshi" Fujieda Fujieda Yoshino |
Yui Aragaki | Lalamon Raramon |
Yukana | |||
Yoshi é unha rapaza de 18 anos e o terceiro membro do equipo. Ela e a súa compañeira Lalamon son amigas dende moito tempo atrás. | ||||||
Keenan Crier Noguchi Ikuto |
Rie Kugimiya | Falcomon | Chie Kojiro | |||
Keenan é un misterioso neno de 10 anos de idade, quen anos antes do comezo da historia, perdeuse por accidente a través dun Portal Dixitale foi criado por un digimon chamado Frigimon, quen foi destruído nunha masacre organizada por un home chamado Akihiro Kurata. |